DÚBIDAS

O xeito de borrar o bipartidismo do mapa político, presentaba serias dúbidas á hora de respostar á pregunta de, como facelo. Seica a idea era a de, eliminar de vez ás dúas forzas políticas ao mesmo tempo, arrasando nas urnas e tomando o poder cunha maioría absoluta, que posibilitara unha verdadeira revolución. Mais como intento saíu mal, había que buscar unha resposta convincente para o “como?”. É evidente que, a situación posibilitaba deixar fora do goberno e seriamente “tocado” ao PP, mais iso non era suficiente para conseguir o “pleno” da xogada; había que descartar tamén ao PSOE. E velaí a oportunidade de desprestixiar aos socialistas, obrigándolles a romper o seu pacto con Ciudadanos ou acusándoos de non querer artellar un goberno de cambio. En calquera dos dous casos, o PSOE era “o malo”, mentres Podemos, “o bo”, facía “grandes renuncias” das súas aspiracións. E para rematar a faena, unha innecesaria pregunta ás bases, cuxa resposta era máis que sabida.
 

DÚBIDAS

Te puede interesar