Discriminación

Aínda que se prohiba na Constitución e se fagan campañas para rexeitala, a discriminación xurde sempre, como a mala herba. Parece como si ese veleno estivera dentro da alma humana e saíse ao exterior en certos momentos e circunstancias da vida. Porque malia a boa vontade da xente do común, todos, nalgunha ocasión, discriminamos a alguén, se cadra de xeito inconsciente. A raza, a relixión, o credo político ou a situación económica, adoitan ser os principais motivos. Ultimamente había unha campaña de sensibilización cos migrantes, pedindo que fosen aceptados como os seres  humanos que son. Mais agora estase a discriminar incluso aos turistas, dividíndoos en turistas de número e de calidade. Esta discriminación afecta á sensibilidade dos que algunha vez fixemos turismo de “bocata de tortilla”. Entendo que en certos ámbitos poida haber preferencias pola calidade, pero coido que se podería ter un pouco máis de recato para publicar esas preferencias. Penso eu, claro.
 

Discriminación

Te puede interesar