Demanda

Seica o Goberno central di que non hai demanda para mellorar o tren. Xa que logo, hai que demandar para que nos fagan caso, ou sexa, “o que non chora non mama”.  Pero resulta que os ferroláns non somos suficientemente choróns, senón que preferimos protestar;  aínda que, hai que ser moi prudentes, porque se protestamos nos poderían facer calar a tiros. (Non sería a primeira vez). Por iso coido que, o mellor é que o sr. Feijóo convoque un referendum para a independencia; e así, quen sabe? a lo mellor nos “caen” algúns millóns para os nosos arcaicos trens. Xa sei que convencer ao Xefe da Xunta para enfrontarse co seu líder resultaría unha difícil tarefa;  e ademais seguimos a votar PP, o que quer dicir que estamos moi ledos co que temos. Descartada pois esa idea, penso que a petición de independencia podería facela o Concello de Ferrol, porque non teremos forza, pero motivos, como as meigas, haber hainos, ou non? E demanda de traballo si que hai, verdade? E pois logo?

Demanda

Te puede interesar