Decisiva

Vai ser decisiva, sen dúbida, a comparecencia de don Mariano perante o Tribunal de Xustiza. O asunto pódese enxergar desde varios puntos de vista porque, seica a testemuña está na obriga de dicir a verdade, mais sábese por adiantado que a verdade sería unha catástrofe para el e para o PP e por iso, as respostas atoparanse no xeito de, “non me consta”, “non sei” ou “non me lembro”. Xa que logo, o importante é saber como serán as preguntas. Polo amplo prazo establecido, coido que haberá tempo sobrado para que os asesores lle aprendan ben a lección, pois eles saberán as preguntas por adiantado. En calquera caso, quedará claro que, si o Presidente non era coñecedor de todas as falcatruadas dos seus colaboradores, será o máis lelo de tantos españois (“mucho españoles”) que o seguen votando. E quedará claro tamén que a Xustiza é igual para todos... pero para uns máis que para outros. En resume, que a ocasión será decisiva para saber... o que xa se sabe. Penso eu, claro. 
 

Decisiva

Te puede interesar