Coincidencia

Tratei en varias das miñas “Visións” o problema catalán, como sinal da miña preocupación pola situación dese país, onde teño amigos e familia. E dicía eu que, o tema era difícil de amañar senón imposible, pola teimosía dalgúns dos protagonistas. Lembro que falaba eu da posibilidade “salomónica”, de rachar a comunidade en dúas partes, tendo en conta que hai moitos cataláns non separatistas e de que, conseguida a independencia, terían que consignar na súa Constitución aquilo de “Cataluña é Unha Grande e Libre”, para evitar outros independentismos. Pois velaí que agora aparece unha ameaza de “separación do separatismo”, nesa parte do país chamada “Tabarnia”, que coido que é unha composición de Tarragona e Barcelona e que, entre bromas e veras, están dispostos a rachar o país e reclamar a súa independencia de Cataluña. O asunto ten o seu aquel, pois que os “tabarnios”, aplícanlles aos independentistas a mesma menciña que eles a España. Curiosa coincidencia, non si?

Coincidencia

Te puede interesar