Benvidos II

A  derruba do edificio do Bambú Club resultou ruinosa para o Concello, é dicir, para todos os ferroláns, pois ademais dos gastos ocasionados, perdemos os locais do Bambú e A Lareira e seis vivendas, que desapareceron do noso patrimonio, nun céntrico espazo, no que agora non hai máis que un par de bancos que case ninguén usa. Ademais arruinouse a dúas familias e pecháronse varios postos de traballo de contrato fixo. E ninguén pediu responsabilidades por algo que podería ser considerado como malversación ou mal goberno ou un atentado urbanístico. Agora, os que mandan, sementan millóns alí e acolá, para facer o contrario do que fixeron aquí e presumen do seu bo facer. Pero son os mesmos, cos mesmos nomes e apelidos, nos mesmos ou máis altos cargos. Rectifican, pero non por sabios. De calquera xeito, benvidos á realidade. Noraboa a Ferrol Vello, pero no resto de Ferrol, que ninguén esqueza o pasado, para que non se repita. Porque nunca se sabe. Desconfiado? Pois si. 

Benvidos II

Te puede interesar