Beirarrúas

As “aceras”, eses espazos nas beiras das rúas, son un elemento importante na vida das cidades, pois que facilitan o tránsito dos peóns, dentro dunha marxe relativa de seguridade e comodidade. Nas rúas do centro da nosa cidade e noutras zonas non tan céntricas, fixéronse importantes obras para humanizar e mellorar rúas e beirarrúas, inzándoas de “bolardos”, para maior protección dos viandantes. Agora vaise reservar a zona centro para exclusivo uso peonil e, xa que logo, todo aquel traballo parecerá inútil, pois podería ser todo rúa, sen “aceras” nin “bolardos”. Eu non sei se iso será bo ou malo para a cidade, para o comercio e para os visitantes, pero sei que, como sempre, a solución non vai gustar a todos. Mentres, os veciños da nosa inhumana rúa, levamos anos e anos pedindo o uso da nosa beirarrúa exclusivamente para os peóns. Pero é moito pedir, para cidadáns de terceira, oficialmente degradados.  Normal, non si? Pois que os deuses nos collan confesados. Amén.  
 

Beirarrúas

Te puede interesar