Aviso

como responsable primeiro de calquera asunto que teña relación co seu partido, ao sr. Rajoy moléstalle que se ande a revolver nos asuntos da corrupción. Seica ultimamente, don Albert Rivera está a insistir no tema, facendo que don Mariano sacara a relucir os seus coñecementos bíblicos: “Non mires atrás, ou te converterás en estatua de sal, como a muller de Lot, ”, espetoulle. Coido que o sr. Rivera debería ter moito coidado, pois o Presidente o mesmo di que vai facer e non fai, como fai, cando di que non vai facer. E neste caso concreto habería que saber se o do sal é un aviso, unha advertencia ou unha ameaza. E tendo en conta que o interlocutor é frío, calculador e poderoso, o mellor será, para o Xefe de Cidadáns, deixar que a Xustiza siga a non facer e a mirar para outro lado, que parece que é a táctica do número un do PP e que, ate agora estalle a dar tan bos resultados, pois hai que ver cantos peixes gordos están caendo e el nin se inmuta. Impresionante, non é?

Aviso

Te puede interesar