Adiantarse

O tema da independencia de Cataluña pode que non teña amaño. Xa que logo, o Goberno español debería deixar de facer o parvo, indo sempre a remolque das iniciativas dos separatistas. Eu non podo nin quero entrar nas razóns de cada quen, pero coido que, se se trata de conservar a unidade de España poderíase facer pensando nunha España distinta, aínda que sexa máis pequena. Para iso, hai que adiantarse, facendo un estudo económico para un Estado, sen os que non queiran pertencer. E pois din que non hai Democracia, haberá que lles dar a razón, comezando por excluír do Parlamento e o Senado, a todos os independentistas que se cren superiores; porque non teñen dereito a influír nas condicións de vida do resto dos españois. E como ser nacionalista non ten por que ser excluínte e insolidario, o que queira independencia que sexa con todas as consecuencias. Que isto é unha parvada? Pois máis parvada é seguir pagándolles os soldos que saen dos petos dos “inferiores”. Ou non é?

Adiantarse

Te puede interesar