A Mensaxe Real

áis aló dos ideais da monarquía ou a república, (pero aínda hai ideais?) era previsible que o discurso de El Rei  non ía convencer a todos. A cuestión é saber que tería que dicir don Felipe, para contentar a todos, “andaluces, canarios, vascos, cataláns e aos de Pontevedra”… Pola miña parte, coincido coa mensaxe na vergoña que deberíamos sentir todos, por semellante desfeita que estamos a sufrir no noso país, onde se ve con claridade que a clase política está falta de enxeño e intelixencia para solucionar os múltiples problemas que temos a xente do común, que somos case todos. En calquera caso, esa incapacidade ou ineptitude dos políticos é un reflexo fiel da falta xeral de cultura a nivel popular. E así nos vai. Por certo que, todos somos máis ou menos culpables por activa ou por pasiva, mais se cadra, os maiores teremos un pouco menos de culpa, pois que a nós, roubáronos a escola e non tivemos moitas oportunidades de aprender. Paréceme a min, claro, pero...
 

A Mensaxe Real

Te puede interesar