“A lo grande”

Segundo as súas propias palabras, seica o señor Rajoy entende que facer política é facer as cousas “a lo grande”. Que querería dicir o Presidente con esta orixinal forma de definir a política? En que estaría pensando? Foi unha traizón do seu subconsciente? En calquera caso, é normal que un home grande como don Mariano queira facer as cousas así; pero ademais de grandes, hai que ser fortes “(Luís sé fuerte)”, hai que ser os mellores “(Rita eres la mejor)”, hai que estar moi unidos “(Alfonso te quiero, coño)”e hai que ter poucos escrúpulos. Así se fixeron “a lo grande” aquelas campañas electorais, cunha auténtica sementeira de medios e cartos. E todo iso sen que “o xefe” tivese coñecemento da procedencia daquela grandeza económica, pois o importante era facer as cousas por todo o alto, aproveitando aquel “corno da abundancia”, que a xulgar pola súa xenerosidade, terían de ser moitos máis cornos que un. E cousas “a lo grande” si que se fixeron. Moitas. Ou non? 

“A lo grande”

Te puede interesar