Galicia Martes 2 de Diciembre de 2008


Pretenden asumir máis de 1.000 quilómetros de estradas das diputacións

Vía comarcal en Ourense

REDACCIÓN > A CORUÑA

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, mantivo unha xuntanza con Salvador Fernández Moreda, Jose Luis Baltar e Rafael Louzán, presidentes das Deputacións Provincias da Coruña , Ourense e Pontevedra respectivamente, e coa vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, para darlles a coñecer o plan Director de Estradas de Galicia e a súa repercusión sobre a rede provincial co obxecto de mellorar a súa funcionalidade.

O plan Director de Estradas elaborado pola Cptopt propón incorporar á rede autonómica un total de 1.045 quilómetros que a día de hoxe pertencen ás Deputacións e, á inversa, que os organismos provinciais asuman a titularidade de 600 quilómetros de estradas que hoxe son competencia da Xunta.

O plan prevé un reaxuste competencial con cambios de titularidade que responden á concepción da rede de estradas como un conxunto, á necesidade de configurar unha rede viaria máis funcional e con condicións de seguridade axeitadas.

A conselleira destaca que “é a primeira vez que se abre un proceso de participación con outras administracións desde esta consellería para un plan”, algo que era necesario porque “os cidadáns non entenden de titularidades, senón das condicións das vías polas que circulan”.

As estradas ou treitos de estradas que segundo Política Territorial poderían ser obxecto de transferencia a favor das Deputacións deben cinguirse a aquelas vías que non cumpren coa función de articulación territorial, os restos de tramos xa acondicionados, as vías que discorren integramente por áreas urbanas e aquelas travesías que teñan como alternativa unha variante de poboación que canaliza os tráficos de longo percorrido. Froito da análise realizada, o conxunto de estradas que se adecúan ás mencionadas características suman un total de 600 quilómetros repartidos en 85 na provincia da Coruña, 213 en Lugo, 197 en Ourense e 105 en Pontevedra.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |