Galicia Martes 2 de Diciembre de 2008


A Xunta mellorará as comunicacións coas conexións ferroviarias en alta velocidade

Tramo dunha obra da alta velocidade que se está a executar en Galicia

REDACCIÓN > A CORUÑA

Política Territorial salienta que o ferrocarril está a perder protagonismo nos desprazamentos tanto de viaxeiros como de mercancías. Esta situación experimentará un cambio radical coa posta en funcionamento das conexións ferroviarias en alta velocidade.

Actualmente as comunicacións de Galicia co resto de España realízanse a través de tres puntos: Lubián e Covas na rede ADIF de ancho ibérico e a conexión do cantábrico da rede FEVE. Existe tamén unha conexión internacional coa rede portuguesa a través da ponte internacional do río Miño en Tui.

O departamento que dirixe María José Rubio afirma que estas conexións xunto co conxunto da rede convencional presentan a día de hoxe características técnicas insuficientes para prestar servizos de conexión exterior competitivos. Todos os accesos teñen vía única e permiten velocidades medias que en ningún caso superan os 120 km/h, o que fai que os desprazamentos a Madrid se sitúen arredor das sete horas e os desprazamentos a Porto tarden máis de 3 horas.

Con este panorama non é de estrañar que o ferrocarril perda protagonismo na repartición modal dos desprazamentos tanto de viaxeiros como de mercancías. Sin embargo, esta situación experimentará un cambio radical coa posta en funcionamento das conexións ferroviarias en Alta velocidade, xa que implicará unha redución substancial nos tempos depercorrido.

Para este departamento da Xunta, a posta en servizo destes trens permitirá que as conexións das principais cidades de Galicia con Madrid se realicen en tempos de percorrido non superior ás tres horas, e que a conexión Vigo-Porto ou Vigo-A Coruña e unha hora.

A rede ferroviaria de alta velocidade é unha infraestrutura de enorme transcendencia para o desenvolvemento territorial de Galicia. Permitirá impulsar e articular o noso sistema urbano policéntrico e terá un papel estratéxico na consolidación da Eurorrexión, na conexión con Madrid e, a máis longo prazo, cos sistemas urbanos do Cantábrico.

Política Territorial destaca unha serie de conexións clave para o territorio galego: Liña de Alta Velocidade do Eixe Atlántico desde Vigo a Ferrol, que se conectará cara ao sur coa rede portuguesa cara a Porto e Lisboa.

Esta liña é considerada pola Xunta unha das mellores oportunidades existentes na escena internacional para utilizar a Alta Velocidade ferroviaria como un elemento de articulación interna.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |