Opinión Lunes 17 de Noviembre de 2008


ADEUS E BENVIDO

JOSÉ BERGANTIÑOS

Adeus Bush, vaite xa e leva canda ti ós teus comparsas, eses que contigo desgobernaron tanto durante oito longos anos. Retírate ó teu rancho de Texas ou onde o diaño te leve e non tentes máis de amañar un mundo que ben se arranxa sen ti.

Descansa en paz si cho permite a túa conciencia, telo ben merecido despois de tanto estragar xenialidade. Mágoa que non podas levar contigo os teus socios doutro tempo. O mundo xa te nomea como o peor presidente da historia do teu país. Non podía ser doutro xeito, ó fin e ó cabo a Casa Branca foiche regalada, non tiñas outro mérito que ser fillo de quen es. Bye- bye George, que Deus te vexa ir.

Benvido Obama, noraboa. Árdua tarefa a que tes por diante, dúas guerras, o planeta en perigo e a crise global. O mundo enteiro ten depositada en ti as súas esperanzas. Non o tes doado, non o tiveches nunca, chegas a presidencia do país máis poderoso da terra despois dun longo recorrido que encomenzou hai douscentos anos. A ti ninguén che regalou nada.

Os tempos que vivimos precisan dun cambio e ti es o escollido pola historia para levalo a cabo. Terás moitos atrancos, non será un camiño de rosas precisamente pero gañarás e convencerás, porque tes a xuventude, a intelixencia, as convicciós e penso que a bonhomía precisas para elo. Pra rematares un consello, non esquezas que aínda hoxendía tres de cada dez estadounidenses recoñecen ter prexuízos raciais e gárdate deles. Adiante e boa sorte.

Welcome Barak, que Deus te axude.

 

Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |