Ferrol
Lunes
17 de Noviembre de 2008
O Concello presentará o novo Plan Xeral cando o traballo esté rematado
REDACCIÓN > FERROL
O goberno local de Pontedeume presentará o novo Plan Xeral aos grupos políticos e ás asociacións de veciños da vila cando o equipo redactor remate o seu traballo, segundo anunciou o pasado sábado o alcalde do municipio, Gabriel Torrente. Ao fío disto, o rexidor eumés lamenta o desmedido interese que os socialistas teñen en coñecer o novo plan antes que os veciños . En referencia a elo, Torrente recordou que o pasado 2 de novembro o equipo redactor do plan presentou un avance das grandes liñas a seguir aos voceiros dos grupos municipais. Por elo, Gabriel Torrente acusou aos socialistas de mentir e de tratar de emponzoñar a imaxe do Concello de Pontedeume.
O alcalde ratificou o seu compromiso de trasladar aos grupos políticos e ás asociacións veciñais de Pontedeume o novo Plan Xeral, tan pronto o equipo redactor e os técnicos rematen de facer o seu traballo, e instou aos socialistas a respetar o traballo dos técnicos e o funcionamento da administración.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |