Ferrol Lunes 17 de Noviembre de 2008


Ares homenaxeou ós seus maiores

O pavillón municipal de Ares acolleu onte un xantar homenaxe aos maiores do Concello no que participou o equipo de goberno. A iniciativa organizada pola Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, contou coa participación de preto de 400 persoas. Para faciliar a asistencia ao xantar, o Concello fletou un autobús que recorreu as distintas parroquias recollendo aos maiores, ademais unha vez concluida a festa, este mesmo autobús os levou de volta a súas casas. Durante a xornada actuou a orquestra Los Senadores e houbo sorteo de agasallos para os participantes.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |