|
A Casa da Cultura inaugura dúas exposicións Na Casa da Cultura de Fene inaugúrase ás sete da tarde dúas exposición vencelladas directamente coa natureza. Trátase de Operación Monarca e Áreas mariñas protexidas. Na primeira móstrase a través de paneis explicativos un dos fenómenos máis abraiantes da natureza galega, o das bolboretas Monarca, que voan miles de quilómetros cruzando o Atlántico cada ano dende a costa norteamericana ata Galicia para invernar. A presentación desta exposición correrá a cargo do lepidopterólogo galego Eliseo Fernández Vidal, descubridor desta migración. Pola súa banda Áreas mariñas protexidas explica en que consiste esta ferramenta de xestión das pesqueiras para a conservación da biodiversidade.
A película El golpe abre o ciclo de cine clásico Esta tarde coa proxección da película El golpe protagonizada por dous dos actores máis recoñecidos de Hollywood, Paul Newman e Robert Redford, inaugúrase o ciclo de cine clásico que organiza o Concello de Cariño. A cita que comeza hoxe repetirase todos os luns ás cinco da tarde no Local Social da Terceira Idade.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones | Cartelera | Correo | |