Diario de Ferrol

Jueves 21 de Agosto de 2008

Portada - Opinión - Ferrol - Narón - Comarcas - Galicia - Deportes - España -

Mundo - Economía - Sociedad - Comunicación - Última Página -


Un anaquiño de Nicaragua en Ferrol

O autor da mostra, onte nun encontro cos medios de comunicación DANIEL ALEXANDRE

REPORTAJE DE MENCHA BLANCO LIAÑO

EXPOSICIÓN > A galería Sargadelos alberga ata o 30 de agosto unha mostra fotográfica a beneficio da ONG Acción contra el Hambre

Un de cada catro nenos de Guatemala sofre desnutrición crónica, un proceso patolóxico que ten graves efectos sobre a saúde, o crecemento, o desenvolvemento intelectual e o comportamento. Del fala, a través das súas imaxes, o fotógrafo eumés Fernando Bellas, autor da exposición “Un anaquiño de Guatemala” que ata o 30 de agosto se pode visitar na galería Sargadelos.

A súa intención é dar a coñecer o importante labor que a ONG Acción contra el Hambre leva a cabo nese país e contribuír, a través da venda das instantáneas -cada unha delas se pode adquirir ao prezo de 200 euros- e do seu catálogo -20 euros- aos diversos proxectos que está a levar a cabo.

A mostra é resultado da viaxe que Bellas fixo en decembro de 2007 ao departamento de Madriz, en Nicaragua, que o levou a coñecer “in situ” distintas entidades como a Asociación de desenvolvemento municipal Óscar Arnulfo Romero de Las Sabanas, a Cooperativa de Multiservicios Rafael Fabreto de San José de Cusmapa ou a Cooperativa 5 de junio, conformadas por pequenos produtores rurais adicados á producción e comercialización de mercancías agropecuarias, café ou artesanía.

As fotografías tomadas por Fernando Bellas amosan a vida cotiá dos habitantes dun país extremadamente vulnerable ante os desastres naturais e con elevados índices de pobreza. “Faltan medidas hixiénicas adecuadas; alí a xente ten o dengue, o tifus... polo que é importante facer pozos e construir letrinas”, subliñou o fotógrafo eumés, lembrando que éstas se poden construír polo prezo que custa o catálogo da exposición e ademais, axudarían a evitar moitas das violacións que sofren as mulleres. Por iso, anima á xente a aportar o seu grao de area a esta causa e incide en que “hai que estar alí para ver realmente os problemas”.




Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |