Narón Jueves 20 de Noviembre de 2008


 

O Concello recorrerá ás novas tecnoloxías para loitar contra as barreiras

REDACCIÓN > FERROL

O Concello de Narón proponse recorrer ás novas tecnoloxías para contribuír á eliminación das barreiras que se lle presentan as persoas xordas á hora de resolver trámites ante a administración local ou cando é necesario dirixirse ós distintos departamentos municipais. Como xa se publicou onte neste diario, os concelleiros de Novas Tecnoloxías, Paloma González, e Servizos Sociais, Miguel Hermida, visitaron o martes as instalacións da Asociación Comarcal de Xordos, en Ferrol, para coñecer polo miúdo un sistema informático destinado ás personas con discapacidade auditiva.

A presidenta da entidade, Teresa Gallo, mostroulles o local, o persoal co que contan e os distintos recursos de comunicación que estas persoas empregan a diario, entre eles un sistema de video conferencia, ademáis doutros máis elementais.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia está a probar un novo sistema denominado SVIsual, que permite a conexión de son e vídeo a tempo real, a través dun vídeo-intérprete que realiza as labores de interpretación solicitadas por cada usuario coa fin de establecer unha comunicación fluida con seu interlocutor, oínte ou non. Os edís comprometéronse a manter o contacto coa entidade de cara a organizar cursos para este colectivo.




Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |