Narón
Jueves
20 de Noviembre de 2008
TEGA reuniuse cos afectados polo Plan de Vivenda da Xunta
REDACCIÓN > FERROL
A principios desta semana membros do Comité Local de Terra Galega e representantes municipais do partido entrevistáronse na sede da formación cos veciños afectados polo Plan Sectorial da Xunta de Galicia, que afectará aos habitantes do núcleo de Piñeiros. Blanco garantiu aos presentes que se están facendo as alegacións.
Máis de 70 veciños de Piñeiros afectados polo Plan de Vivenda da Xunta entrevistaronse a principios desta semana con representantes de Terra Galega. Segundo apuntan dende o partido, esta xuntaza serviu de primeira toma de contacto cos afectados polo debandito plan trala grande alarma causada na veciñanza por este proxecto da Xunta presentado de costas, non só ao Concello senón tamén aos propios afectados, explican dende a formación.
O concelleiro de Urbanismo, José Manuel Blanco, informou aos veciños presentes no acto que dende o departamento que él dirixe xunto co gabinete xurídico estase a traballar na elaboración de informes para poder presentar as correspondentes alegacións. Estas, segundo apuntan dende o partido, poderan facelas de forma individualizada tamén os afectados, para o cal dende o Concello facilitaráselles toda a información e apoio necesario.
Pola súa parte, o alcalde de Narón, Xoán Gato, tentou tranquilizar aos asistentes con frases como: durmide tranquilos que o Concello vai defender aos veciños ata o final; iremos ata onde haxa que ir, á Xustiza se é necesario. O rexedor tamén explicou aos veciños, nun plano, a zona na que o Plan de Urbanismo Municipal prevé a expansión do Concello ata cumplimentar a zona urbana de Narón, e onde sí se podería levar a cabo a actuaciónda Xunta. Trátase duns terreos localizados frente á nave de servizos en Freixeiro. Gato tamén se comprometeu a convocar un pleno extraordinario para tratar este asunto no que todos os partidos políticos poidan pronunciarse, queremos ver si están cos veciños ou cos seus xefes, dixo.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |