Galicia Jueves 20 de Noviembre de 2008


A dispersión demográfica é un problema para a ordenación do territorio en Galicia

Núcleos como a vila de Mondoñedo, no pasado con gran importancia comarcal, pasaron a ter pequena entidade

REDACCIÓN > A CORUÑA

A Consellería de Política Territorial considera que a desigual evolución demográfica influye na ordenación do territorio, no comportamento da poboación activa, no crecemento e por ende na distribución espacial da base económica de Galicia.

A Consellería de Política Territorial afirma que dende unha perspectiva territorial aparecen dous problemas fundamentais. Por unha parte, o risco certo de desaparición dun grande número de núcleos, a maior parte dos cales se sitúan hoxe por debaixo do límite dos 500 habitantes e carecen de capacidade de renovación da poboación, a idade media da cal é elevada.

Por outra parte aparece un declive de moitas das cabeceiras tradicionais que provían de servizos urbanos básicos a estes espazos, e que non só non captaron a poboación do seu ámbito rural, senón que nin sequera retiveron a súa propia poboación de partida. É o caso das antigas vilas de Mondoñedo, Maceda, Becerreá, A Fonsagrada, etc., que pasaron de ser núcleos cun grande protagonismo comarcal no sistema tradicional a ser na actualidade núcleos de pequena entidade.

Este departamento da Xunta subliña que se analiz o conxunto dos 315 municipios de Galicia constátase que 80 aumentaron a súa poboación entre 1950 e 2007. Se se toma un período temporal máis próximo entre 2000 e 2007 este dinamismo poboacional prodúcese en 87 municipios, dos cales 41 corresponden aos ámbitos de influencia inmediata das sete cidades capitais (municipios como Marín, Mos, Arteixo, Ames.), 43 son costeiros e 12 poden considerarse espazos de interior, desvinculados da influencia inmediata das grandes zonas urbanas.

Política Territorial considera que ademais desta evolución demográfica desigual polo territorio galego, hai outro aspecto moi importante que merece atención e é o insuficiente saldo vexetativo para garantir a renovación da poboación.

Neste feito inflúe decisivamente o envellecemento poboacional, dándose nos últimos anos un importante aumento da poboación maior de 65 anos, mentres que a porcentaxe de novos se reduciu á metade na última década. Trátase dun problema estrutural característico de moitas rexións europeas, que tenderá a incrementarse nos próximos anos debido ao aumento da esperanza de vida, e que precisará de varias décadas para corrixirse.

Este breve diagnóstico demográfico non queda suficientemente definido se non se ten en conta a evolución da poboación activa. A poboación activa dános unha idea da forza laboral coa que conta unha sociedade para a produción de riqueza.

Comportamento dinámico > En Galicia, o comportamento da poboación activa é moito máis dinámico que o da poboación total. En apenas unha década, Galicia gañou case cento cincuenta mil novos activos alcanzando unha cifra superior ao millón trescentos mil activos. O incremento sostense no comportamento das provincias máis dinámicas, A Coruña e Pontevedra, que gañaron noventa e cinco mil e oitenta e cinco mil activos nestes últimos anos.

No outro extremo temos a perda de poboación activa de Lugo e, en menor medida en Ourense. Crecemento económico, distribución sectorial, e disposición espacial da base económica

A estrutura produtiva de Galicia experimentou unha rápida e profunda transformación nos últimos anos. Fronte ao contexto característico das décadas de mediados do século vinte, na que o sector primario e a industria dispoñían dunha grande importancia, deuse paso a unha sociedade de servizos, en liña coas pautas de evolución das economías desenvolvidas.

Hoxe en díao sector servizos ten un peso superior ao 60% en todas as provincias. Pola súa parte as actividades primarias reduciron a súa importancia na economía galega ata o punto de que no ano 2005 o conxunto do sistema pesqueiro, forestal e agrogandeiro apenas alcanzou o 5% do PIB da comunidade.

O proceso de transformación foi moito máis intenso nas provincias de A Coruña e Ourense. Pontevedra, pola súa banda, mantivo un importante peso da actividade industrial e en Lugo o sector primario dobra a media rexional.

O crecemento do sector servizos non implicou, de feito, un proceso de desindustrialización significativo, toda vez que o valor da produción industrial non deixou de crecer nos últimos anos.

Deuse unha transformación na estrutura industrial, cara a un tecido formado por unidades produtivas de menor tamaño, máis produtivas e cun crecente compoñente tecnolóxico.

A construción é o sector que maior crecemento relativo experimentou nos últimos anos. A expansión desta rama produtiva e a súa A economía galega representa, segundo os datos do Produto Interior Bruto (PIB), pouco máis do por 5% do total español. Nos últimos seis anos o PIB per cápita recortou en preto de cinco puntos a distancia coa media do Estado español, situándose na actualidade entorno ao 83 por cento desa media, nunha senda de converxencia coas rexións máis ricas. importancia na estrutura económica son indicadoras do dinamismo da economía, así como dos significativos cambios territoriais acontecidos ao longo da última década.

Cambio estrutural > Según os datos que manexa a Xunta, o crecemento do sector servizos deuse nas ramas máis produtivas, que xeran maior valor engadido e levan consigo unha transformación estrutural máis importante: servizos financeiros, servizos ás empresas, centros comerciais, servizos persoais de saúde, ocio e cultura.

Tamén aconteceu certa emerxencia das actividades turísticas neste ámbito. Este cambio estrutural levou consigo o aumento da produtividade xeral da economía e a progresiva substitución de actividades.

O resultado foi un importante crecemento da economía, no marco da conxuntura favorable dun longo ciclo expansivo e unha concentración espacial da actividade económica.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |