OS PARADOS, AS NOVAS VÍTIMAS DO AXUSTE
A supresión da prestación de 426 € ás persoas desempregadas, esta durísima medida, terá un impacto en Galicia superior que noutros puntos de España xa que, segundo os datos oficiais, o 37,1% dos desempregados galegos non cobra o seguro de desemprego: 11 puntos por riba da media estatal que se sitúa no 26%. Estaríamos falando de que preto de 86.000 galegos veránse privados desta axuda necesaria correndo o grave risco de caer, senón están xa, nunha situación de exclusión social e de pobreza: segundo datos oficiais 58.000 familias galegas teñen á todos os seus membros activos desempregados.
Dita medida acompaña no tempo á outras que, ironías da política de esquerdas, supoñen novas rebaixas e “regalos fiscais” á empresas que poderán facer negocio con o desemprego ó traveso das axencias privadas de colocación. Unhas decisións que foron tomadas inmediatamente despois de que o Presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, recibira no Palacio da Moncloa a unha importante representación dos empresarios españois. Mentres que, seguindo coa ironía, o diálogo con os axentes sociais non avanza como fora mester nun estado democrático e máis con un goberno que se presentaba a si mesmo como “progresista”.
Tal como está a actuar ata o de agora, a prioridade principal do executivo segue sendo a reducción do déficit público, pola vía dunha drástica diminución do gasto público. Estase prexudicando, deste xeito, as clases populares, mentres se renuncia a unha mellora dos ingresos fiscais que terían que incidir especialmente nas rendas do capital que, en España, teñen un tratamento moi benevolente se o comparamos cos países europeos do noso entorno. Estamos, neste “dar paos de cego” en que se está a converter a política do goberno de Zapatero, ante unha nova entrega ó capital. Un goberno que busca o camiño cara a solución da crise, como si fora un funambulista atravesando o abismo sobre un finísimo arame.
Da inxustiza e o desacertado desta nova medida dannos fe as importantes discrepancias que afloran, apesares das presións do aparato do partido, no seo do propio partido gobernante (PSOE). Responsables autonómicos e locais están a amosar o seu rexeitamento. Non comparten que se programe a chegada do AVE a “case calqueira lugar” e ao mesmo tempo se aprobe suprimir as axudas ás persoas desempregadas.
Neste continuo e permanente baile sen xeito, o goberno busca o camiño a esquerda pero sen saber onde atopalo, como os borrachos buscan a súa casa, sabendo confusamente que teñen unha. As clases populares botamos en falta a aquel home que retirou as tropas de Iraq; o que non dubidaba en poñerse ao lado dos mais febles, o das políticas sociais… Ese que, en toda Europa, era recoñecido como “socialdemócrata”.
Din os analistas que a Felipe González sobroulle unha lexislatura. A ZP estalle a sobrar media, esperemos que chegue axiña o terceiro, e que a este ou esta si que non lle sobre nada.
Chegado este punto, ou nos comprometemos a ir polo camiño da esquerda, como defendemos dende o movemento sindical, ou camiñamos cada quen polo seu lado… a Presidencia do Goberno non é unha carta branca, é un cargo de responsabilidade coa cidadanía deste país, cuxas crases populares non queremos un goberno que sega un camiño “sen rumbo” por que é sempre “un camiño á dereita”.
(*) Cesáreo Fraga é secretario comarcal de UGT


















