Martes, 31 de Enero de 2012 00:00
Luis Alvarez Pousa
Ben analizado, e á marxe da lóxica decepción de cantos sumaran vontades para forzar outra cadea de mando, o que finalmente deu de si a decimoterceira Asamblea do BNG non cabe na simplificadora descrición de vencedores e vencidos. Non se produciu o sorpasso na nomenklatura, ao seren Jorquera e Vázquez cabezas de ponte co cuarto de máquinas da UPG, pero quedou de manifesto algo ao meu ver decisivo: na práctica equiparación de forzas entre a opción socialdemócrata e a opción comunista xa non vai
seguir tendo esta última a exclusiva do relato nacionalista. Fundamental para que o Bloque revalide a idea dun proxecto común, dinámico e radicalmente democrático, cara dentro e cara fóra. Un proxecto aberto á sociedade a través de tódalas fórmulas de participación posibles, capaz de conectar de novo con cantos lle confiaran anos atrás o seu voto -unha cuarta parte do electorado- sendo Beiras líder indiscutible. O relato a partir de agora será cousa cando menos desas dúas tendencias maioritarias.
Están forzadas a converxer. No ideolóxico, que esixirá un fortísimo aggiornamento, acorde cos cambios que dan nun novo modelo de sociedade, cada vez máis mediatizado e á vez máis contaxiado polos efectos da explosión tecnolóxica e dunha progresiva desregulación política, que aproveita o capitalismo para expansionarse sen límites, dando pé á globalización neoliberal que tanto sufrimento e indignación produce. Pero tamén na acción política, que se mantivo extremosamente burocratizada nestes anos pasados, perdendo a sintonía co electorado. Velaí en boa medida a explicación da cirrose electoral sufrida na secuencia dos últimos comicios, pola que o informe de xestión que aprobaron os pro-upegaios o sábado pasou como gato sobre brasas. Para resintonizar coa sociedade, e moi decisivamente cos movementos cívicos dos que o Bloque se veu divorciando, pese a teren constituido no inmediato pasado unha das súas principais fontes de vida.
Porque ese e non outro é o que minou na última década a presencia, a influencia e a capacidade de resposta que os seus militantes de base e milleiros de electores progresistas e galeguistas agardaban neste tempo de crises. Nin a frustración derivada do goberno bipartito, nin as supostas deslealdades de quen se atreven a facer transversal o seu discurso, nin a agresividade dos medios son, como alguén apuntou no Terra e Tempo, as verdadeiras causas do descrédito no que progresivamente veu caendo o BNG. É no divorcio coa sociedade onde está a raíz do mal. A organización, que deu mostras dun insano narcisismo interior, tantas veces explicitado en obsesión e disfrute de poder, non foi quen de contrarrestar cun discurso e acción política diferenciados o crecente malestar, a indignación, das precarizadas clases medias. Precisamente, como ten demostrado o sociólogo Fermín Bouza, as máis proclives ao BNG.
O órdago que se autoimpuxo a Asamblea –4.500 activos participantes, seguramente o máis numeroso dos cónclaves deste tipo en Europa– terá virtualidade na medida en que a lectura que fagan do resultado uns e outros non interiorice a idea de vencedores e vencidos. De interiorizalo, a cohabitación convertiríase nun inferno. E todo levaría á ruptura. Sería mortal para o futuro do nacionalismo galego, para o conxunto da esquerda e para que esta última sexa unha alternativa real de goberno ao PPdG.
| ► PUNTO Y APARTE |
|
Disfrutar de los parajes de la comarca sobre dos ruedas
Promovida por un grupo de aficionados a las motos y a las rutas por los hermosos parajes de la comarca –circulan siempre por carreteras secundarias e incluso terciarias–, el pasado domingo día 14 se celebraba la “I quedada motera” organizada a través del autolavado de vehículos
|
|
| LEER MÁS... |
|
C.P. > ferrol
n Los cursos académicos –y otros no tan académicos– llegan a su fin en estas semanas y uno de los centros privados de Ferrol ha decidido celebrar el suyo “liando” a sus alumnos, incluso a los más pequeños o que llevan menos aprendiendo, para actuar frente al público. Así, varios estudiantes de la Escola da Vaca de música se acercaron ayer al salón de actos de la Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para ofrecer un concierto de actuaciones solistas en el que, ante un considerable público, participaron guitarristas, pianistas, una saxofonista y dos violinistas, siendo los “maestros” tanto de distintas edades como de niveles de aprendizaje.
No será esta la única oportunidad de los aficionados locales a la música para ver de primera mano a las nuevas generaciones de virtuosos de la ciudad naval, y es que la Escola da Vaca ha hecho ya tradición en este final de curso el sacar a sus alumnos a la calle para ofrecer conciertos gratuitos. De esta forma, hoy y mañana, en las inmediaciones del centro –situado en la última manzana antes de Amboage de la céntrica calle Dolores– habrá sendas actuaciones que comenzarán a las seis de la tarde y a la que los organizadores invitan cordialmente a asistir a todos los interesados. Como ocurrió en este concierto, se mezclará a músicos de distintas edades y niveles para equilibrar los espectáculos, estando previsto que la actuación de esta tarde esté protagonizada por la percusión, con toques también de piano y violín, mientras que mañana podrán escucharse principalmente piezas adaptadas para guitarra.