Sábado, 28 de Agosto de 2010 00:00
Yolanda Díaz
No pleno do xoves todos os grupos políticos do Concello pronunciámonos encol da contrarreforma laboral que teima en aprobar o Goberno Central co apoio das dereitas nacionalistas e a patronal. Todos a rexeitamos agás o PSOE, que preferiu restar na soidade social e política dos obedientes. Soidade que deixaron en evidencia as intervencións no Pleno dos representantes das centrais sindicais de clase convocantes, que deron razóns e argumentos para que o Goberno do
Estado recuncara. Non o fixo así e o PSOE votou por abaratar os despedimentos, por inventar o despido preventivo ou porque me peta, por atacar á negociación colectiva e darlle carta de natureza as empresas que trafican con traballadoras e traballadores... En resumo, fíxolle o traballo sucio á dereita política e económica. Non aprenden dos erros: xa na crise do 92-93 Felipe González atacou aos traballadores e abriulle as portas a Aznar; o cabalo de Troia para que gañe o PP é copiarlle as súas políticas. A moción de EU, que xa é un acordo plenario, pon á nosa cidade na dianteira das que demandan do Goberno do Estado que retire este ataque antisocial contra os dereitos da clase traballadora galega e do conxunto do Estado. Na nosa mellor tradición histórica de loita para mellorar as condicións de vida da maioría social traballadora do país, Ferrol volverá a dar outro exemplo de rebeldía crítica o día 29 de setembro, ao non aceptar cabalos de Troia e a pesares dos obedientes.
(*) Yolanda Díaz é portavoz de Esquerda Unida
| ► PUNTO Y APARTE |
|
A revista “Ao vivo música” fai unha parada en Ferrol No novo número da revista “Ao vivo música”, editada pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) destaca a presenza de artistas de Ferrol, algúns deles con novos proxectos creativos rematados ou en marcha.
|
|
| LEER MÁS... |
|
C.P. > ferrol
n Los cursos académicos –y otros no tan académicos– llegan a su fin en estas semanas y uno de los centros privados de Ferrol ha decidido celebrar el suyo “liando” a sus alumnos, incluso a los más pequeños o que llevan menos aprendiendo, para actuar frente al público. Así, varios estudiantes de la Escola da Vaca de música se acercaron ayer al salón de actos de la Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para ofrecer un concierto de actuaciones solistas en el que, ante un considerable público, participaron guitarristas, pianistas, una saxofonista y dos violinistas, siendo los “maestros” tanto de distintas edades como de niveles de aprendizaje.
No será esta la única oportunidad de los aficionados locales a la música para ver de primera mano a las nuevas generaciones de virtuosos de la ciudad naval, y es que la Escola da Vaca ha hecho ya tradición en este final de curso el sacar a sus alumnos a la calle para ofrecer conciertos gratuitos. De esta forma, hoy y mañana, en las inmediaciones del centro –situado en la última manzana antes de Amboage de la céntrica calle Dolores– habrá sendas actuaciones que comenzarán a las seis de la tarde y a la que los organizadores invitan cordialmente a asistir a todos los interesados. Como ocurrió en este concierto, se mezclará a músicos de distintas edades y niveles para equilibrar los espectáculos, estando previsto que la actuación de esta tarde esté protagonizada por la percusión, con toques también de piano y violín, mientras que mañana podrán escucharse principalmente piezas adaptadas para guitarra.