Jueves, 05 de Agosto de 2010 00:02
Vicente Araguas
Hai momentos en “Naturalidade Silvestre”, a espléndida película de Alberto Alonso sobre Roger de Flor, nos que as nubes son protagonistas. Branco no azul dunha bisbarra como a nosa, precisada de arpexios poéticos contra do pano do desconcerto e -aínda- da desfeita que muda en xiróns no ceo ou, con Silvio Rodríguez, en rabo de nube. Por iso que Ferrol Vello, na desolación fermosa da
ruína, á penas pode coas imaxes que Alberto igualmente tomara; desde Marraxón ou Ancos. Coas cancións, realismo máxico do cotián, de Roger de Flor, que nos falan do que foi, é ou puido ter sido. Roger, “crooner” e cantautor, o seu aquel de poeta no espazo breve dunha canción, tan boa xente como esas nubes que se deixan ir, xa ten un lugar ao sol dos artistas con mundo propio, feito a golpe de harmónica sincopada ou de martelo acústico, cal esa guitarra tan ben afinada que soaba a outra noite en Limodre, n´A Hortiña, con bríos almogávares e pasíños “fashion” de Ray Davies.
E o “cavaquinho” d´O Marqués das Viñas, e a guitarra de Neno Elliott, eran instrumentos para unha boa causa. E iso despois da proxección da película, fermosa como andar por Maniños cruzando A Armada, e logo aloumiñar Limodre coa ollada febril de cando é verán e fume. Cando acontecen piperetadas como esta película e o concerto que veu logo.
E a xente guapeteira do Felipop, “roadies” e “groupies” e bótalle fío ao papaventos do tribalismo con razón, ao redor nosa. Limodre e fume.
| ► PUNTO Y APARTE |
|
A revista “Ao vivo música” fai unha parada en Ferrol No novo número da revista “Ao vivo música”, editada pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) destaca a presenza de artistas de Ferrol, algúns deles con novos proxectos creativos rematados ou en marcha.
|
|
| LEER MÁS... |
|
C.P. > ferrol
n Los cursos académicos –y otros no tan académicos– llegan a su fin en estas semanas y uno de los centros privados de Ferrol ha decidido celebrar el suyo “liando” a sus alumnos, incluso a los más pequeños o que llevan menos aprendiendo, para actuar frente al público. Así, varios estudiantes de la Escola da Vaca de música se acercaron ayer al salón de actos de la Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para ofrecer un concierto de actuaciones solistas en el que, ante un considerable público, participaron guitarristas, pianistas, una saxofonista y dos violinistas, siendo los “maestros” tanto de distintas edades como de niveles de aprendizaje.
No será esta la única oportunidad de los aficionados locales a la música para ver de primera mano a las nuevas generaciones de virtuosos de la ciudad naval, y es que la Escola da Vaca ha hecho ya tradición en este final de curso el sacar a sus alumnos a la calle para ofrecer conciertos gratuitos. De esta forma, hoy y mañana, en las inmediaciones del centro –situado en la última manzana antes de Amboage de la céntrica calle Dolores– habrá sendas actuaciones que comenzarán a las seis de la tarde y a la que los organizadores invitan cordialmente a asistir a todos los interesados. Como ocurrió en este concierto, se mezclará a músicos de distintas edades y niveles para equilibrar los espectáculos, estando previsto que la actuación de esta tarde esté protagonizada por la percusión, con toques también de piano y violín, mientras que mañana podrán escucharse principalmente piezas adaptadas para guitarra.