Noticias de Galicia, España y del mundo - Diario de Ferrol

Diario de Ferrol; sábado, 04 de feb. del 2012

Portal de Noticias de Diario de Ferrol: Noticias de la Ciudad, Galicia, España y el Mundo.

jSharing - JA Teline III

OS PARADOS, AS NOVAS VÍTIMAS DO AXUSTE

E-mail Imprimir PDF
Espero que non quiten esta paga, que o pensen ben xa que nos podemos ver na rúa e sen nada” comenta un dos miles de galegos que se verán afectados pola supresión da prestación de 426 euros ós desempregados. “Si me quitan esa axuda non poderei seguir adiante”, subliña outro. “Trato de tranquilizarme para non empeorar a saúde”, di un terceiro..... O goberno español non só se amosa incapaz de deter o desemprego senón que segue a castigar ós mais afectados, ás víctimas da crise.
A supresión da prestación de 426 € ás persoas desempregadas, esta durísima medida, terá un impacto en Galicia superior que noutros puntos de España xa que, segundo os datos oficiais, o 37,1% dos desempregados galegos non cobra o seguro de desemprego: 11 puntos por riba da media estatal que se sitúa no 26%.  Estaríamos falando de que preto de 86.000 galegos veránse privados desta axuda necesaria correndo o grave risco de caer, senón están xa, nunha situación de exclusión social e de pobreza: segundo datos oficiais 58.000 familias galegas teñen á todos os seus membros activos desempregados.
Dita medida acompaña no tempo á outras que, ironías da política de esquerdas, supoñen novas rebaixas e “regalos fiscais” á empresas que poderán facer negocio con o desemprego ó traveso das axencias privadas de colocación. Unhas decisións que foron tomadas inmediatamente despois de que o Presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, recibira no Palacio da Moncloa a unha importante representación dos empresarios españois. Mentres que, seguindo coa ironía, o diálogo con os axentes sociais non avanza como fora mester nun estado democrático e máis con un goberno que se presentaba a si mesmo como “progresista”.
Tal como está a actuar ata o de agora, a prioridade principal do executivo segue sendo a reducción do déficit público, pola vía dunha drástica diminución do gasto público. Estase prexudicando, deste xeito, as clases populares, mentres se renuncia a unha mellora dos ingresos fiscais que terían que incidir especialmente nas rendas do capital que, en España, teñen un tratamento moi benevolente se o comparamos cos países europeos do noso entorno. Estamos, neste “dar paos de cego” en que se está a converter a política do goberno de Zapatero, ante unha nova entrega ó capital. Un goberno que busca o camiño cara a solución da crise, como  si fora un funambulista atravesando o abismo sobre un finísimo arame.
Da inxustiza e o desacertado desta nova medida dannos fe as importantes discrepancias que afloran, apesares das presións do aparato do partido, no seo do propio partido gobernante (PSOE). Responsables autonómicos e locais están a amosar o seu rexeitamento. Non comparten que se programe a chegada do  AVE a “case calqueira lugar” e ao mesmo tempo se aprobe suprimir as axudas ás persoas desempregadas.
Neste continuo e permanente baile sen xeito, o goberno busca o camiño a esquerda pero sen saber onde atopalo, como os borrachos buscan a súa casa, sabendo confusamente que teñen unha. As clases populares  botamos en falta a aquel home que retirou as tropas de Iraq; o que non dubidaba en poñerse ao lado dos mais febles, o das políticas sociais… Ese que, en toda Europa, era recoñecido como “socialdemócrata”.
Din os analistas que a Felipe González sobroulle unha lexislatura. A ZP estalle a sobrar media, esperemos que chegue axiña o terceiro, e que a este ou esta si que non lle sobre nada.
Chegado este punto, ou nos comprometemos a ir polo camiño da esquerda, como defendemos dende o movemento sindical,  ou camiñamos cada quen polo seu lado… a Presidencia do Goberno non é unha carta branca, é un cargo de responsabilidade coa cidadanía deste país, cuxas crases populares non queremos un goberno que sega un camiño “sen rumbo” por que é sempre “un camiño á dereita”.
(*) Cesáreo Fraga é secretario comarcal de UGT

 ► PUNTO Y APARTE    

p

A revista “Ao vivo música” fai unha parada en Ferrol
 
No novo número da revista “Ao vivo música”, editada pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) destaca a presenza de artistas de Ferrol, algúns deles con novos proxectos creativos rematados ou en marcha.
     
 LEER MÁS...  


C.P. > ferrol
n Los cursos académicos –y otros no tan académicos– llegan a su fin en estas semanas y uno de los centros privados de Ferrol ha decidido celebrar el suyo “liando” a sus alumnos, incluso a los más pequeños o que llevan menos aprendiendo, para actuar frente al público. Así, varios estudiantes de la Escola da Vaca de música se acercaron ayer al salón de actos de la Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para ofrecer un concierto de actuaciones solistas en el que, ante un considerable público, participaron guitarristas, pianistas, una saxofonista y dos violinistas, siendo los “maestros” tanto de distintas edades como de niveles de aprendizaje.
No será esta la única oportunidad de los aficionados locales a la música para ver de primera mano a las nuevas generaciones de virtuosos de la ciudad naval, y es que la Escola da Vaca ha hecho ya tradición en este final de curso el sacar a sus alumnos a la calle para ofrecer conciertos gratuitos. De esta forma, hoy y mañana, en las inmediaciones del centro –situado en la última manzana antes de Amboage de la céntrica calle Dolores– habrá sendas actuaciones que comenzarán a las seis de la tarde y a la que los organizadores invitan cordialmente a asistir a todos los interesados. Como ocurrió en este concierto, se mezclará a músicos de distintas edades y niveles para equilibrar los espectáculos, estando previsto que la actuación de esta tarde esté protagonizada por la percusión, con toques también de piano y violín, mientras que mañana podrán escucharse principalmente piezas adaptadas para guitarra.