Noticias de Galicia, España y del mundo - Diario de Ferrol

Diario de Ferrol; jueves, 17 de may. del 2012

Portal de Noticias de Diario de Ferrol: Noticias de la Ciudad, Galicia, España y el Mundo.

jSharing - JA Teline III

URBANISMO DISXUNTIVO

E-mail Imprimir PDF
Nesta crise severa de forza extrema e demoledor impacto,  hai un compoñente determinante na súa orixe, un factor  causante  do  conflito, que directamente apunta  a espazos   territoriais concretos, aqueles, que favorecidos por modelos urbanísticos excedidos, potenciaron o  desenvolvemento urbanístico, inmobiliario e financeiro, máis aló do contorno  da racionalidade, e esa circunstancia,    fixo que a nova dinámica de xestión  urbanística, alterase os esquemas e  obxectivos convencionais  propiciando o fracaso das políticas territoriais de aplicación, que en se mesmas, puxeron ao descuberto  o exceso do planificado e a inexistencia de capacidade de reacción na articulación de alternativas de regulación correctora.
A pesar desta complexidade,  mentres discorre o tempo e o labirinto amplía encrucilladas, seguimos sen executar unha revisión dos obsoletos modelos urbanísticos vixentes, e co agravamento da crise,  no canto de asumir as súas deficiencias estruturais, optamos por aplicar prorroga  á figura do urbanismo colmado das épocas de expansión, cando a actual conxuntura orienta cambios  de moderación do crecemento, ou apertura á vía  do  decrecemento.
Por máis que se prescinda da  evidencia, resulta patente que os experimentos desarrollistas tocaron ao seu fin, o urbanismo de século XXI ten de supor unha ruptura coa versión de planificación que deu orixe á explosión da burbulla inmobiliaria, tanto nos seus aspectos técnicos, xurídicos como financeiros. En calquera caso, a situación demanda  unha óptica renovada con enfoque meditado  de accións sobre o territorio dirixidas a consumar unha transformación xeral do actual urbanismo, pois suposto contrario, a  influencia dos planeamentos na reactivación económica será estéril.
O cambio de rumbo sobre a ordenación do territorio tense de fundamentar no, principio esencial dun  novo modelo urbanístico baseado  na  sustentabilidade económica e social, que poña punto final ao desenvolvemento descontinuo de baixa densidade edificatoria a través da  posta en práctica de pautas de concepción  nuclear e desenvolvemento compacto, que cubrindo as necesidades da poboación, induza un  aforro de custos na súa xestión, concertando a ordenación coa economía.
Agora ben, a culminación  desa finalidade precisa en primeiro termo da erradicación das “taifas urbanísticas”, e a mudanza por un novo marco regulamentario, unha lei de harmonización das lexislacións autonómicas que recoñecendo  a distinción e singularidade territorial das distintas comunidades, estableza uniformidade na  determinación  dos  elementos comúns que conforman a  materia urbanística, referidos ás cualificacións do solo, os procedementos de xestión, etc, etc.
No entanto previo a iso, os concellos e comunidades, por sensatez e   asunción da  nova realidade, debesen  paralizar os procedementos  iniciados en materia de modificación, revisión ou redacción dos plans xenuínos, por canto, a inestabilidade cambiante  das  variables  que alimentan a  elaboración  dos plans en proceso, son referentes  conxunturais que achegan insuficiencia de rigor, subtraendo toda fiabilidade á  previsión de contidos, o que transforma os investimentos destinados a este fin, nun malgaste económico por inutilidade de resultados.
Unha acertada adecuación á racionalidade pasa por deixar en suspenso os stándares urbanísticos  da época de opulencia, debendo imporse   un reaxuste en clave de moderación, consistente en achicar  as delimitacións de solos urbanos e a míngua  substancial das bolsas de solos  urbanizables, é dicir , débese acoutar  o teito potencial do planeamento, clasificando tan só como solo de transformación o chamado a cubrir  as necesidades previsibles.
Pero o encontro coa coherencia ten efectos colaterais, por canto, a materia urbanística ademais de asignar vocacións de uso ao territorio e guiar as pautas de desenvolvemento de novos crecementos en concerto de consolidación cos existentes, manéxase tamén como patrón  de financiamento parcial das facendas locais (IBI, licenzas de construción,  etc).
Circunstancia, que vincula os cambios do escenario urbanístico , coa reforma do sistema de financiamento dos concellos, que de xeito evidente, non debese virar en exclusiva ao redor dos actuais parámetros de aplicación, por canto, refinar o espazo urbano á realidade do necesario, obriga a modificar as ponencias catastrais, cuxos  valores, a tempo presente superan  os prezos de mercado, como consecuencia  da nociva repercusión que a crise inmobiliaria provocou entre a oferta e a demanda.
A urxencia é  inminente, pero ao parecer a  clase política  no canto de pór rumbo ao cambio, decidiu  estacionarse no urbanismo disxuntivo.

http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/

 ► PUNTO Y APARTE    

p

Proyecto lírico en Narón a favor de Amigos de Galicia

   El próximo 31 de mayo arranca en el Pazo da Cultura de Narón la gira gallega del Coro Lírico Gregorio Baudot.


     
 LEER MÁS...  


C.P. > ferrol
n Los cursos académicos –y otros no tan académicos– llegan a su fin en estas semanas y uno de los centros privados de Ferrol ha decidido celebrar el suyo “liando” a sus alumnos, incluso a los más pequeños o que llevan menos aprendiendo, para actuar frente al público. Así, varios estudiantes de la Escola da Vaca de música se acercaron ayer al salón de actos de la Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para ofrecer un concierto de actuaciones solistas en el que, ante un considerable público, participaron guitarristas, pianistas, una saxofonista y dos violinistas, siendo los “maestros” tanto de distintas edades como de niveles de aprendizaje.
No será esta la única oportunidad de los aficionados locales a la música para ver de primera mano a las nuevas generaciones de virtuosos de la ciudad naval, y es que la Escola da Vaca ha hecho ya tradición en este final de curso el sacar a sus alumnos a la calle para ofrecer conciertos gratuitos. De esta forma, hoy y mañana, en las inmediaciones del centro –situado en la última manzana antes de Amboage de la céntrica calle Dolores– habrá sendas actuaciones que comenzarán a las seis de la tarde y a la que los organizadores invitan cordialmente a asistir a todos los interesados. Como ocurrió en este concierto, se mezclará a músicos de distintas edades y niveles para equilibrar los espectáculos, estando previsto que la actuación de esta tarde esté protagonizada por la percusión, con toques también de piano y violín, mientras que mañana podrán escucharse principalmente piezas adaptadas para guitarra.