Domingo, 27 de Junio de 2010 01:47
Álvaro Porto Dapena
Nas últimas semanas vinme ocupando dalgúns topónimos da parroquia cedeiresa de S. Fiz de Esteiro coa idea de ir completando o estudio da toponimia do concello de Cedeira, tema ó que, como xa dixen en repetidas ocasións, dediquei un relativamente extenso traballo xa no ano 1986 e que agora intento revisar e ampliar ata onde me sexa posible. Curiosamente, ata o presente non me ocupei
para nada do nome desta parroquia, porque, en principio, resulta bastante transparente, pois, aínda que esteiro xa non pertence ó vocabulario activo da inmensa maioría dos galegofalantes da nosa bisbarra, é ben sabido que esta palabra se acha rexistrada nos dicionarios como equivalente do español estuario, é dicir, “desembocadura de un río caudaloso en el mar, caracterizada por tener una forma semejante al corte longitudinal de un embudo, cuyos lados van apartándose en el sentido de la corriente, y por la influencia de las mareas en la unión de las aguas fluviales con las marítimas”, que é como se define na última edición de DRAE. E, conseguintemente, Esteiro non aludirá senón á zona da ría de Cedeira onde desemboca o Río das Mestas ou talvez o pequeno regato que pasa por Redemuiños. Outro tanto, loxicamente, haberá que dicir do Esteiro de Ferrol, posto que, en definitiva, a ría ferrolá non vén ser máis que un longo e extenso esteiro, con independencia de que tamén neste caso a denominación se teña aplicado a un lugar máis concreto, onde precisamente se asentaron os estaleiros, aínda que hoxe o nome quedase reducido a un barrio da cidade. Dende logo, o topónimo Esteiro atópase repetido en toda a xeografía litoral galega e, en xeral, podemos dicir que se aplica a lugares nas proximidades dos cales se produce, efectivamente, a desembocadura dunha corrente de auga no mar.
Dende o punto de vista etimolóxico, pois, parece fóra de dúbida que o galego esteiro procede do latín aestuarium, palabra que tanto en galego coma en castelán posúe dous derivados, practicamente sinónimos: un formado por vía culta, que é estuario, coincidente nas dúas linguas, e outro evolucionado ou tradicional que é, precisamente, esteiro no caso do galego e, en castelán, estero. Neste último caso, obviamente, o proceso foi aestuarium > estarium > estairo > esteiro > estero.
Ata aquí a cousa non parece ofrecer, polo tanto, a máis mínima dificultade. Pero cambia, se temos en conta, seguindo a “Andregoto Galíndez” no seu blog sobre Arqueotoponimia (http://arqueotoponimia.blogspot.com/), que a palabra esteiro podería moi ben provir dun stalarium, singular de stalaria, vocábulo que recolle Du Cange no seu Glossarium mediae et infimae latinitatis e que define como “pro Vivario piscium”, isto é, como ‘viveiro de peixes’ ou, tamén como unha especie de arte de pesca, significado que “Andregoto” cre albiscar neste texto de 912: Alobre cum omnibus suis bonis, cum suo stario integro et combonas integras e ó que poderiamos engadir este outro de 1114: Area longa et heremitam sancti Xpristophori, cum suis hereditatibus, et cum suo stario integro, onde máis ben parece que se alude a un estuario, o mesmo que nesta outra pasaxe de 916, tomado como os anteriores do CODOLGA: Bares, cum familia sibi pertinenti per terminum de aqua de Stario, et inde per montem Dominicum. Dende logo, non cabe dúbida de que, foneticamente, stalarium tería dado esteiro en galego; pero, por outro lado, resulta forzado pensar –como suxire “Andregoto”– que esa mesma palabra puidese ser a orixe de estaleiro e moito menos, dende logo, do español astillero, razón pola que carece, ó meu ver, de sentido relacionar lingüisticamente o Esteiro ferrolán cos estaleiros alí colocados en 1726.
O que si, en troques, resulta suxestivo é que, de aceptar esa etimoloxía para o Esteiro cedeirés, chegariamos á curiosa conclusión de que este topónimo –entendido, naturalmente, no sentido de ‘viveiro de peixes’– viría a coincidir semanticamente con Cedeira, cuxo étimo latino cetaria, singular do clásico cetariae, -arum, podería interpretarse tamén –recordémolo– como ‘estanque ou viveiro de grandes peixes’. En definitiva, pois, teriamos que concluír que ámbolos dous topónimos se formarían para indicar o mesmo, aínda que logo rematasen aplicándose a lugares concretos e diferentes da ría cedeiresa. Penso, non obstante, que non nos debemos deixar arrastrar por idea tan curiosa como orixinal, sobre todo se temos en conta que a forma latina stalarium –e nin sequera o stalaria de Du Cange– non aparece nin unha soa vez na nosa documentación latina medieval. En definitiva o stario que atopamos nalgúns textos non é, ó meu entender, máis que unha variante gráfica de estario, cuxa etimoloxía non pode ser outra que o latín estarium por estuarium, que vimos ó principio.
(*) Á. Porto Dapena é catedrático da UDC e académico correspondente da RAE
| ► PUNTO Y APARTE |
|
Proyecto lírico en Narón a favor de Amigos de Galicia
El próximo 31 de mayo arranca en el Pazo da Cultura de Narón la gira gallega del Coro Lírico Gregorio Baudot.
|
|
| LEER MÁS... |
|
C.P. > ferrol
n Los cursos académicos –y otros no tan académicos– llegan a su fin en estas semanas y uno de los centros privados de Ferrol ha decidido celebrar el suyo “liando” a sus alumnos, incluso a los más pequeños o que llevan menos aprendiendo, para actuar frente al público. Así, varios estudiantes de la Escola da Vaca de música se acercaron ayer al salón de actos de la Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para ofrecer un concierto de actuaciones solistas en el que, ante un considerable público, participaron guitarristas, pianistas, una saxofonista y dos violinistas, siendo los “maestros” tanto de distintas edades como de niveles de aprendizaje.
No será esta la única oportunidad de los aficionados locales a la música para ver de primera mano a las nuevas generaciones de virtuosos de la ciudad naval, y es que la Escola da Vaca ha hecho ya tradición en este final de curso el sacar a sus alumnos a la calle para ofrecer conciertos gratuitos. De esta forma, hoy y mañana, en las inmediaciones del centro –situado en la última manzana antes de Amboage de la céntrica calle Dolores– habrá sendas actuaciones que comenzarán a las seis de la tarde y a la que los organizadores invitan cordialmente a asistir a todos los interesados. Como ocurrió en este concierto, se mezclará a músicos de distintas edades y niveles para equilibrar los espectáculos, estando previsto que la actuación de esta tarde esté protagonizada por la percusión, con toques también de piano y violín, mientras que mañana podrán escucharse principalmente piezas adaptadas para guitarra.