Narón Sábado 13 de Marzo de 2010


 

O BNG organiza unha charla o vindeiro día 17 para conmemorar o Día da Muller

redacción > ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Narón súmase aos actos que nos últimos días se celebraron tanto no municipio como noutros concellos da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal para conmemorar a xornada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

“A muller ante a crise” é o título da ponencia organizada este ano pola formación nacionalista. Neste acto intervirán a responsable da secretaría nacional da Muller da CIG, Margarida Corral; a psicóloga pontesa Rocío Trastoy e a técnica de emprego do Concello de Ferrol Maite Deus.

O acto terá lugar o vindeiro mércores, día 17, na sala de conferencias da biblioteca municipal do Alto do Castiñeiro -ubicada na rúa 25 de Xullo, nas inmediacións da casa consistorial- e comezará a celebrarse ás 20.00 horas. Á cita poderán asistir tódalas persoas interesadas, xa que se trata dun acto aberto á cidadanía, tal e como indicaron desde a organización frontista.




Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |