Ferrol
Miércoles
14 de Mayo de 2008
Todo listo en Vilarmaior para a XXI Feira das Flores o domingo
Imaxe de arquivo de anteriores edicións REDACCIÓN > FERROL
Como cada tercer domingo de maio desde hai xa vinte e un anos, o Concello de Vilarmaior celebra a súa tradicional Festas das Flores. Actuacións musicais, competicións e exhibicións animais, artesanía, flores e gastronomía son os ingredientes fundamentais desta celebración que ano tras ano logra atraer a miles de visitantes.
Un ano máis a Feira do Tres é o escenario elixido para levar a cabo o amplo programa de actividades que se desenvolverán con motivo da XXI Feira das Flores.
O pregón de José Ramón Rioboo, editor do xornal El Entorno Metropolitano, dará o pistoletazo de saída a unha xornada repleta de actividades lúdicas. Será ás dez da mañá. A continuación a agrupación Folclórica Ferreñas de Vilarmaior comezará a animar o día coa súa música. A partir dese momento abrirase o prazo de inscripción para participar no Concurso de Cans e quedará inaugurada as exposicións florais e de artesanía.
Ás 10.45 comezará o Concurso de Cabalos de Andadura, proba puntuable para o Campionato Galego de Andadura. Os oito mellores participantes en calquera das dúas modalidades (chapeada e serrada) recibirán trofeo e premio en metálico.
Unha hora máis tarde terá lugar unha exhibición de adestramento canino a cargo do grupo de traballo Gerión, do Concello de Cambre.
Pola tarde celebraranse o resto de probas competitivas. Para participar nas mesmas haberá que inscribirse, de forma gratuíta, no lugar indicado para elo a partir das 15.30 horas. Así, ás 16.30 horas comezará o concurso de cans de caza e compañía e ás 17.30 o de cabalos de arrastre e doma.
A cita pecharase ás 19.30 horas coa entrega de trofeos. Para recibir o premio o gañador debe presentarse acompañado do can ou cabalo vencedor da proba. De non ser así non se lle fará entrega do trofeo.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |