Ferrol
Miércoles
9 de Julio de 2008
Os perruqueiros con máis imaxinación múdanlle o aspecto ós cidadáns
Imaxe das actuacións que se celebraron onte en diversos lugares da cidade DANIEL ALEXANDRE REDACCIÓN > FERROL
Un psicólogo, un experto en literatura inglesa e unha licenciada en Belas Artes xúntanse no espectáculo Senta a cabeza par crear unha orixinal proposta na que conviven a música, a escultura e a perruquería. Será un dos principais atractivos do programa de hoxe de Caixanova na rúa.
No segundo día do Caixanova na rúa proseguirán os obradoiros científicos e de hip hop ó tempo que emerxen novas propostas para encher de vida o centro da cidade. A máis orixinal será, con seguridade, o espectáculo de perruquería que durante tres horas -entre as 17.30 e as 20.30- se desenvolverá na praza das Angustias. Os propios espectadores poden deixarse nas mans de Fafá Franco, Mercurio e Cécile Ribas para mudar a xúa imaxe cun aspecto rompedor.
Ó longo do día serán varias as actividades ás que se poderán sumar, de xeito libre e gratuíto, os transeúntes. No Cantón, ás 12.30 e ás 19.30, Javi Javichi abrairá ós espectadores co seu espectáculo de clown e malabrares. Veló como o raio é o título desta proposta chea de humor e o seu artífice, un artista recoñecido polo público co premio do Festiclown Compostela 2005.
A explosión na rúa chegará ás 20.30 horas, nas Angustias, con Hortzmuga, que presenta o espectáuclo 12 K. Este grupo de teatro achega unha obra dinámica, pensada para favorecer a participación da xente e orientada a tódalas idades. Esteiro vivirá un entroido en pleno verán.
O Capitán Maravilla volve á cidade, a Amboage, ás 21.30 horas. Este superheroe mistura malabares, voos, danzas e humor nun circo particular que foi presentado e premiado en Xapón e que tamén tivo o recoñecemento do público na Feira do Teatro de Tárrega.
As Angustias será de novo o lugar central da programación xa pola noite, co concerto que ofrecerán ás 22.30 horas o Cuarteto de Guitarras de Lisboa. Trátase dun proxecto recente, que naceu en 2006, e que desde entón actúa con grande éxito por todo Portugal, cun percorrido que vai desde os clásicos (Bach, Tchaikovsky) á música sudamericana e ás propostas lusas máis contemporáneas.
Outra opción, a partir das once, é acudir ó Cantón á proxección de curtametraxes dos mellores realizadores galegos. O programa quíntuple inclúe Sálvame, de Javier Veiga; Copy Shop, de virgil Widrich; Perversa Lola, de Sonia Méndez; Un hombre tranquilo, de Aránzau G. Bayón; e Non retornable, de Marcos Méndez e Eva Rey.
Inauguración > A programación cultural na rúa proseguirá ata o venres. Comezaba onte coa apertura, na praza de Armas, dunha pequena carpa dedicada á ciencia e que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas. Alí os nenos aprenderon a cociñar co sol ou a derritir o xeo á maior velocidade.
Outra proposta de grande interese comezou no Cantón. Trátase dun obradorio de hip hop no que se pode participar de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.
Os espectáculos de pantomima de Jordi Carlitos e Marcelopuntomime, a proxección de curtametraxes do Cantón e o concerto de jazz de Mr. Dixie Jazz Band marcaron a xornada inaugural dunha iniciativa que chega a Ferrol por segundo ano consecutivo.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |