Ferrol
Sábado
4 de Julio de 2009
A AVV de Covas distingue a Diario de Ferrol co premio Veciño de Honra
Germán Castro recolleu en representación de DF o premio Veciño de Honra LUIS POLO REDACCIÓN > FERROL
Diario de Ferrol recibía onte en Covas a distinción Veciño de Honra 2009, un galardón que anualmente entrega a AVV a unha persoa ou institución que ó longo do ano destacase polo seu apoio ó labor que desenvolve a asociación. En nome do rotativo recollía o premio o director Germán Castro. A entrega fíxose durante a inauguración das festas de verán da zona.
As festas de verán de Covas arrancaron onte coa lectura do pregón inaugural a cargo do vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e a entrega da distinción Veciño de Honra a Diario de Ferrol. Pero a cousa non rematou aí. Nesta primeira xornada festiva houbo tempo tamén para as exposicións, as charlas e incluso para a gastronomía. Un completo programa que foi só un anticipo do que se vivirá en Covas ó longo dos próximos meses.
Ás sete da tarde, Pablo Villamar daba o pistoletazo de saída coa lectura dun pregón no que destacou principalmente os valores turísticos, patrimoniais e medioambientais de Covas. Falou tamén de todos os eventos culturais que desenvolve a parroquia ó longo do ano destacando o carácter aberto dos seus veciños que, especialmente en verán, ábrense para recibir a milleiros de turistas que se achegan ata o lugar para gozar dos seus atractivos. A continuación Germán Castro, director de DF, recibía de mans da galardoada do ano pasado, Yolanda Díaz, a distinción de Veciño de Honra 2009. Un premio que a entidade otorgou a DF polo excelente labor de difusión que vén realizando dos proxectos, eventos, demandas e necesidades que temos en Covas, segundo sinala na acta o xurado. Pola súa banda, o director de DF, Germán Castro, agradeceu a mención recibida sinalando que o normal é que as aparicións en prensa das asociacións garden relación directa co seu dinamismo, manifestando neste senso que a AVV de Covas vén desplegando un amplo abano de iniciativas de marcado carácter social e cultural que a sitúan entre as máis tenaces e laboriosas da comarca. No terreo persoal, Germán Castro recoñeceu o valor emotivo que ten o premio e lembrou a súa vinculación coa parroquia na súa infancia e adolescencia.
Onte inaugurouse tamén unha mostra de pinturas de Laura Lago e celebrouse un concurso de sobremesas. A festa continúa esta tarde, ás oito, cunha mexillonada popular en Marmadeiro.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |