Ferrol
Martes
8 de Julio de 2008
O teatro e os obradoiros de percusión amplían a oferta de Ortigueira
REDACCIÓN > FERROL
A organización do Festival de Ortigueira propúxose non deixar a penas ocos libres na axenda dos visitantes e complementa os concertos con numerosas actividades, entre as que destaca o teatro.
Así, o sábado 12, ás oito da tarde, Carlos Blanco e Manecas Costa representan no Teatro da Beneficencia o espectáculo Humor Neghro. Ese mesmo día, na praza de Isabel II, ás cinco, A Internacional Teatro entreterá ós máis pequenos cunha función de monicreques titulada Cucho, Coco e o dilema do 6.
A percusión é outro dos puntos fortes do encontro, con obradoiros que o grupo Odaiko -que actuará no escenario principal- ofrecerá ás cinco da tarde do domingo no Campo de San Roque, no piñeiral de Morouzos e no Teatro de Beneficencia.
O concerto que nese mesmo escenario dará Emilio Rúa o domingo, ás oito, e as exposicións completan unha proposta á altura do trinta aniversario.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |