Ferrol
Sábado
13 de Marzo de 2010
A CIG recoñece o labor de Ana Paz a prol da integración social e da igualdade da muller
A homenaxe tivo lugar no Centro Cívico de Caranza d. alexandre redacción > ferrol
A CIG pechou onte os actos con motivo do Día da Muller, celebrado o pasado luns, cun acto de homenaxe a Ana Paz (Anita), da que se recoñeceu a súa traxectoria profesional e sindical a prol da integración social e da igualdade da muller. O acto tivo lugar no Centro Cívico de Caranza, un barrio ó que a homenaxeada estivo vencellada na súa mocidade, e incluíu a mostra de material audiovisual, a lectura de poemas e as actuacións musicais das Cantareiras de Trasancos e da cantante María Manuela.
Dende a central sindical subliñouse que constitúe un modelo de compromiso. Lembrouse a súa actividade profesional como educadora social, na que promoveu iniciativas de integración social nos municipios de Valdoviño e Ferrol. Tamén se valorou o seu labor nos últimos anos na empresa xeriátrica Abrente, para dignificar o útlimo tramo da vida dos usuarios e usuarias e para levar a moitos colectivos sociais e culturais a participar no día a día da residencia. Ademais, ocupou durante algúns meses o posto de coodinadora do CAMF de Catabois.
No terreo político, foi responsábel por un tempo da comisión de muller do BNG. Tamén participou na secretaría da muller da CIG en 2002 e foi activista da Marcha Mundial das Mulleres, na que foi nomeada delegada da coordenadora galega para a mobilización mundial que tivo lugar en Burquina Fasso.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |