Ferrol Domingo 14 de Marzo de 2010


Novo curso para manipuladores de alimentos o vindeiro 17 de marzo no centro da Malata

redacción > ferrol

A Cámara de Comercio de Ferrol organiza un curso de manipulador de alimentos que se impartirá o vindeiro mércores, día 17 de marzo, de 17 a 20 horas, no centro de formación desta entidade na Malata. Os participantes neste curso obterán, para acreditar a súa formación, o correspondente certificado homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Os alumnos recibirán un breve manual que inclúe contidos xerais e contidos específicos segundo o sector de actividade de cada un deles, co obxectivo de que a formación que reciben sexa o máis adaptada posible ao seu traballo diario.

As persoas interesadas en inscribirse poden dirixirse ao departamento de formación da Cámara (Tel. 981 333165 - Ext. 2).

Contexto legal > Desde a entrada en vigor da actual lexislación sobre manipuladores de alimentos ­a principal novidade desta é que corresponde ao empresario a obriga de formar aos seus traballadores­ a Cámara de Comercio facilitou a formación a máis de 1.100 alumnos, que participaron nos cursos celebrados periodicamente en Ferrol, Ortigueira e As Pontes.

A meirande parte destes alumnos son autónomos e traballadores de empresas do sector alimentario aos que afecta esta normativa: bares e restaurantes, comercio retallista (carnizarías, peixerías, ultramarinos, supermercados), comercio polo xunto e industrias alimentarias (panadarías, pastelarías, conservas, mel, cárnicas, etc.), comedores colectivos (colexios, residencias, centros de traballo), ademais de persoas que están á procura de traballo nalgúns destes sectores.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |