Ferrol Martes 8 de Julio de 2008


O Equipo de Protección dos Bombeiros revisou a seguridade de FIMO

REDACCIÓN > FERROL

O novo Equipo de Prevención Municipal de Bombeiros realizou nas últimas semanas unha serie de inspeccións de seguridade no recinto de Punta Arnela, no que hoxe comeza a Feira de Mostras do Noroeste -abre as súas portas ás once e a inauguración oficial é as seis da tarde; toda a información vai en páxinas especiais, da 29 á 35-.

Segundo informou a concelleira e coordinadora da área de Seguridade, Sandra Ríos, a finalidade das inspeccións foi adiantar unha resposta eficaz ante calquera situación de emerxencia e explicou que é a primera vez que se realiza unha revisión deste tipo.

Tareas > Os nove bombeiros que forman o equipo levaron a cabo o control dos elementos de extinción, constataron que se atopan en bo estado e listos para o seu uso, e as vías de evacuación e a accesibilidade de cada un dos pavillóns. Tamén fixeron unha recompilación de datos e planos e un listado dos riscos e perigos das instalacións, así como o deseño dos posibles protocolos de actuación.

Sandra Ríos indicou que na época estival o Equipo de Prevención vai facer este tipo de tarefas tamén nas festas de verán, no lanzamento dos fogos artificiais de San Ramón ou no Rallye de Ferrol. Por exemplo, indicou a concelleira, durante as festas de verán os bombeiros realizarán a clasificación dos eventos segundo o risco tendo en conta a situación, o aforo e outras variables e inspeccionarán os espectáculos que realicen empresas alleas ó Concello.

O goberno local pretende dispor dunha organización adecuada para coñecer os riscos existentes e as medidas a aplicar en cada caso, desenvolver accións para promover a autoprotección corporativa e cidadá, difundir a cultura da prevención entre a poboación e conseguir unha resposta áxil, coordinada e homoxénea dos servizos de emerxencia.

A Feira de Mostras do Noroeste abre hoxe a súa 46 edición, que poderá ser visitada polo público ata o vindeiro domingo.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |