Ferrol Miércoles 9 de Julio de 2008


O Bloque pide a Defensa que revirta ao Concello unha parcela en Esteiro

REDACCIÓN > FERROL

O BNG propuxo onte ao goberno local que solicite ao Ministerio de Defensa que devolva ao patrimonio municipal unha parcela próxima ao cuartel de Dolores que, segundo esta formación, está en desuso. Este terreno, colindante co que empregan os veciños para celebrar o San Xoán, “podería habilitarse como a baixada natural ao conxunto de Fontelonga”, explicou o portavoz do grupo nacionalista, Xoán Xosé Pita.

O edil do Bloque sinalou que esta parcela foi ocupada por Defensa a mediados dos anos 70 do século pasado como complemento ao recinto do Tercio Norte, pero na actualidade “a Defensa non lle presta servizo”, sinalou. A súa intención é acadar o apoio dos demais partidos do Concello a este plantexamento, que resposta -dixo Pita- a unha demanda veciñal, pero se non hai receptividade anunciou que o levará a pleno.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |