Ferrol
Martes
9 de Febrero de 2010
Electricidade, Automoción e Madeira, os ciclos máis demandados no centro ferrolán
Entre o horario diurno e nocturno, no actual curso académico más de 650 alumnos estudan algún dos doce ciclos de Formación Profesional (5 superiores e 7 medios) que oferta o IES Marqués de Suanzes. Segundo o director, Enrique Pazo, como vén sendo habitual, de novo este ano os máis demandados foron os Electricidade, Automoción e Madeira.
Pola súa banda, o ciclo de Mecanizado, sen ter unha importante demanda polos estudantes, si é moi solicitado polas empresas que buscan profesionais neste ámbito. Tamén este curso, informou Enrique Pazo, noutouse un incremento da matrícula en xeral, acentuándo especialmente esta tendencia no réxime de adultos, motivada quizais polo incremento da taxa de paro.
Para a realización das prácticas en centros de traballo, o centro ferrolán dispón dunha carteira de máis de cen empresas non só da comarca senón doutras cidades, como por exemplo A Coruña ou Santiago.
Ademais, en moitos casos as firmas recurren ao propio centro na busca de titulados para diferentes postos de traballo, salientando tamén nesta estreita colaboración entre o instituto e o eido laboral a firme aposta da Asociación de Empresarios Ferrolterra por estos estudos e que desde hai máis dun ano se materializa a través dun convenio coa Consellería de Educación.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |