• Sábado, 03 de Diciembre de 2016
Economía
Os novos investimentos impulsan 
a competitividade das pemes
O programa Galicia Inviste favorece a adquisición de maquinaria e bens de equipo para ampliar a produción ou promover a diversificación

Os novos investimentos impulsan a competitividade das pemes

Unha das ferramentas das que dispoñen as pequenas e medianas empresas galegas para impulsar os investimentos e activar proxectos xeradores de emprego é o GaliciaInviste, un programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria que conta este ano cun orzamento de doce millóns de euros.