Sociedad
Domingo
30 de Noviembre de 2008
O servizo pódese solicitar cun certificado dixital ou cun formulario
REDACCIÓN > A CORUÑA
Coa fin de identificar ao cidadán e rexistrar a súa autorización, o Servizo Galego de Saúde establece dous mecanismos. Un primeiro de subscrición electrónica mediante certificado dixital; e outro segundo a través de formulario en papel, no que o paciente debe inserir os seus datos e dar o seu consentimento para a utilización dos mesmos.
O primeiro dos procedementos, a subscrición electrónica, estará a disposición dos usuarios a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.galiciasaude.es ou www.sergas.es). A cada cidadán identifícase mediante certificado dixital ou DNI electrónico e cubre os datos necesarios para o envío de avisos.
Presentar en persoa > No segundo procedemento, o formulario en papel, o usuario ou usuaria poderá acceder a ditos formularios nos centros do Servizo Galego de Saúde de Atención Especializada, ou ben descargando o documento dende a antedita web e imprimíndoo para cumprimentalo.
Unha vez cuberta a solicitude, o usuario deberá entregala persoalmente para que se poidan realizar a comprobación da correcta cumprimentación do formulario e da súa adecuación no momento da recepción do mesmo, polo que este formulario non poderá enviarse por correo electrónico. Os puntos de recollida serán, por tanto, os centros de Atención Especializada e a Unidade de Tarxeta Sanitaria.
Estes puntos de recollida realizarán esta comprobación e custodiarán os formularios temporalmente ata que se realice o envío dos mesmos á Unidade de Tarxeta Sanitaria.
Para a posta en marcha do servizo de avisos, o departamento que dirixe María José Rubio Vidal, vén de realizar, a través da súa Subdirección Xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos, varias modificacións nos sistemas de información existentes, ademais de incorporar unha nova plataforma de xeración e xestión de mensaxes denominada Lembra.
Funcionamento > O funcionamento deste novo sistema de recordatorio consiste en que os datos do paciente recollidos no formulario se mecanizan no sistema de información de Tarxeta Sanitaria.
Seguidamente, mediante os mecanismos de integración, os datos de contacto co usuario, así como a confirmación de que este require o servizo de avisos, se propagan dende Tarxeta Sanitaria a todos os centros de xeito simultáneo, a través do proceso de sincronización diario.
Con posterioridade, o sistema de programación de citas envía á plataforma de mensaxería os avisos de todas as citas programadas dos pacientes que solicitaron este tipo de aviso, tres días antes de que estas teñan lugar.
Si unha cita modifícase nos tres días anteriores á data de cita, o aviso volta a ser xerado sempre que teña lugar nunha data ou hora distinta á que estaba programada en principio.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |