Opinión
Domingo 30
de Noviembre de 2008
OS CRUCIFIXOS FÓRA DA ESCOLA
ANTÓN M. ANEIROS Foi suficiente que un tribunal vallisoletano dictara sentencia determinando retirar o crucifixo de un centro de ensino para que os trinta anos que levamos en España de experiencia democrática pareceran poucos. Polo menos iso se podería deducir das actuacións da oficialidade e dos medios de comunicación. E para máis abundancia do mesmo, o Sr. Rouco Varela, abrindo a sesión da Conferencia Episcopal, fixo un discurso que non foi precisamente de reconciliación e de perdón mutuo, como el pedía que fixeran ás institucións do Estado e os cidadáns. Por iso, neste caso, o alboroto que se armou non se debeu tanto a falta de madureza da sociedade, en xeral, como a incapacidade das clases dirixentes, políticos e xerarquías católicas. Porque ademais, a Igrexa continúa sen prestar atención ás demandas de que se deteña na súa ruta extraviada, e que renuncie a esa prerrogativa exclusiva que conserva dos acordos co Estado. Porque de esta maneira vulnera a Constitución, que é para todos garantía legal de dereitos e de obrigas, sen excepcións nin privilexios.
Pero Rouco non predicaba co exemplo cando lía o seu discurso. Por iso desorientaba, no canto de contribuír a calmar os ánimos e a construír a necesaria harmonía social. Igual que Cañizares, arcebispo de Toledo, constituíndose en interprete social para dicir que aquí se está a dar unha cristofovia. Máis que cristofovia, o que se da con todo dereito é un rechazo aos crucifixos en canto significan e son símbolos mudos do ilexítimo poder clerical que as sociedades modernas non están dispostas a tolerar. Pero non se sente socialmente por ningún lado -salvo excepcións- que exista movemento algún organizado en contra do Crucificado, que entregou a súa vida polos humanos, empezando polos pobres e polos fracasados.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |