Ferrol Domingo 16 de Noviembre de 2008


A Cámara celebra una xornada sobre a reestruturación laboral en situacións de crise

REDACCIÓN > FERROL

A Cámara de Comercio de Ferrol e a firma Garrigues Abogados y Asesores Tributarios organizan a xornada informativa “Salvar empresas a través dun expediente de regulación de emprego e reestruturación laboral” que se desenvolverá o vindeiro mércores, día 19 de novembro. Trátase dun almorzo coloquio que comezará ás nove e media da mañá, e que ten como obxectivo informar ás empresas das medidas de reestruturación que poden poñer en práctica ante unha situación de crise e dá fórmulas legais para acceder á extinción de contratos de traballo cando se produce un descenso na actividade produtiva. Así, a primeira parte da xornada dedicarase a explicar as diferenzas entre as distintas opcións: a extinción individual -baseada en causas organizativas, produtivas, tecnolóxicas ou económicas- ou a extinción colectiva, polas mesmas causas, a través do expediente de regulación de emprego (ERE) e, neste último caso, as diverxencias entre o ERE administrativo e o ERE concursal. Os expertos laborais de Garrigues destacarán a necesidade de iniciar o expediente no momento oportuno e analizarán o procedemento que se debe seguir. Así, referiranse aos criterios de selección dos afectados que deben ter en conta cuestións como a posible desaparición dalgunha área ou departamento da empresa, a duplicidade de postos de traballo, a polivalencia, a mobilidade xeográfica e o desempeño profesional. Por outro lado, incidirán na importancia da fase da negociación, coa identificación das persoas clave no proceso -dentro e fóra da empresa-, a explicación dos argumentos de adopción do ERE e a posición da compañía ante as previsibles accións de presión, co seu impacto na opinión pública. Neste sentido, referiranse, de feito, á necesidade dunha estratexia adecuada de comunicación. Outro dos aspectos que se estudarán será o plan social, como conxunto de medidas tendentes a evitar e reducir despidos e a paliar os efectos negativos destes. Na fase final do procedemento, segundo explicarán os avogados de Garrigues, débense plasmar os contidos do acordo: prexubilacións, traslados, emprego alternativo e indemnizacións. Na última parte, tratarase sobre a reestruturación da empresa no marco dun concurso e dos aspectos estratéxicos que cómpre ter en conta -como son as causas legais, a negociación e o pacto- dos que vai depender o resultado final. Os destinatarios son departamentos de persoal e recursos humanos, directivos, xerentes, así como avogados, asesores, consultores e xestores de empresas de Ferrol, Eume e Ortegal. A asistencia ten carácter gratuíto. Os interesados deben formalizar a inscrición no departamento de formación da Cámara (Tef. 981 333165).


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |