Ferrol
Domingo
16 de Noviembre de 2008
Ferrol, plató de cine con Historias de Lorref
A proxección de Botadura do acorazado Alfonso XIII, unha peza de arte da cinematografía española polo seu valor histórico, inauguraba hai un mes o ciclo de cine Historias de Lorref, programado polo Concello no marco dos actos previstos para celebrar os 150 anos da consecución do título de cidade. Un ciclo de cine con entrada libre e gratuíta para todos os cidadáns e as cidadás de Ferrol, que se desenvolverá ata o mes de decembro na Fundación Caixa Galicia. ¿Os títulos seleccionados? Moi diversos, pero cun nexo en común: ter a Ferrol como escenario de rodaxe ou a ferroláns ou ferrolás como membros activos dos filmes. Deste xeito, a Fundación Caixa Galicia estáse a convertir nunha sala de proxección ocasional para acoller Historias de Lorref. A carteleira inclúe curtas e longametraxes e as sesións dan comezo ás oito do serán. A próxima proxección será Divertimento, unha película de José García Hernández rodada en 2000. Será a próxima semana, o 26 de novembro. Conta con Francisco Rabal e Federico Lupi como protagonistas, e recorre os exteriores de Ferrol, aínda que a súa parte central discorre case integramente no Teatro Jofre. Xa en decembro será o tempo de Surcos, de José Antonio Nieves Conde. Un dos grandes títulos da historia do cine español. Un melodrama duro e crítico con guión do insigne ferrolán Gonzalo Torrente Ballester. E, como peche, Mi hija Hildegart, do célebre Fernando Fernán Gómez. Narra a historia da filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira. Unha singular historia que merece a pena ser coñecida e que supuxo unha auténtica conmoción para os ferroláns.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |