Comarcas
Domingo
30 de Noviembre de 2008
O Concello de San Sadurniño disporá dun orzamento de tres millóns de euros
REDACCIÓN > FERROL
O Concello de San Sadurniño aprobou na sesión plenaria de fin de mes o orzamento municipal para 2009. A administración local disporá de 3.063.000 euros para o vindeiro exercicio, o que supón un incremento, con respecto ao anterior exercicio, dun 20%. Esta mellora ven dada, sobre todo, polo aumento no capítulo de persoal dun 20%, e polo incremento do capítulo de inversións en case un 40%, que inclúe obras que contarán con financiamento supramunicipal, como as relativas ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación, as do Plan de Cooperación cos Concellos e outro convenio coas administracións provincial e autonómica para varias obras no ximnasio municipal. Aínda así, segundo informou o concelleiro de Facenda, Xesús Soto, este ano prevese unha importante contención no gasto corrente.
Por outra banda, este orzamento tamén contempla o 10% relativo aos orzamentos participativos, que como se lembrará aprobáronse hai un par de semanas, posicionándose deste xeito o Concello de San Sandurniño como un dos pioneiros en Galicia á hora de elaborar este tipo de orzamentos en connivencia cos veciños.
En canto ao documento contable de 2009 o edil de Facenda, explicou que é ambicioso e moi realista e que prevé incrementos en tódalas áreas.
Mejora del servicio > Desde la formación socialista también se quiere hacer cons
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Sucesos | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |