Vai de libros

Un sempre pregúntase se realmente hai un lector para cada obra ou, máis ben, se cada libro convértese en moitos, simplemente pola pegada que pode deixar en cada persoa, sen que debamos asumir recibir a mesma influencia. Un libro reflicte o universo socio-cultural e ideolóxico do seu autor, aínda que sexa de xeito inconsciente. Un sistema de valores que acaba salpicando cada páxina que lemos.


Acaso non percibimos isto no “Resistencia” (Xerais, 2002) de Rosa Aneiros? E se imos a obras referentes como a “Democracia en América” de Tocqueville, non somos capaces de ver as súas eivas, cando só dedica un “breve comentario” a unha cuestión transcendental, como o mercado de escravos - capital fundador da revolución industrial inglesa - no desenvolvemento dos EEUU?


Ás veces, tan importante é o que se escribe, como se escribe e o que omitimos. Lectura crítica, para ser libres. Porque incluso os libros “para entreter” transmiten valores. Pero, non fagan caso destas “letras de cambio”. Para a semana pasen pola feira do libro de Ferrol.


Xa saben que o peor que pode pasar é que as follas dos libros non teñan as marcas dos nosos dedos. Aínda que sexa por aquelo que dicía Manuel Rivas de que “os libros arden mal”.

Vai de libros

Te puede interesar