Rosa Aneiros

Este sábado, ás dezaoito trinta, estará na Praza da Constitución. Presentando a súa nova novela “A noite das cebolas”, dentro do feixe de actividades da Feira do Libro. Recoñezo que máis de xéneros literarios son de autoras e autores. Por iso agradezo a oportunidade que Ferrol vai ter de escoitar, a esta autora de Meirás afincada en Santiago. A miña primeira achega a esta escritora foi con “Resistencia”, editada por Xerais, hai máis de vinte anos. En algún sitio lin que para documentarse sobre como era a vida no Portugal da ditadura fascista e da resistencia, ela decidiu chamar á sede central do PCP para procurar unha entrevista co histórico Alvaro Cunhal. E tras unha conversa con quen directamente descolgou o teléfono e ser interrogada sobre o que pretendía, atopou que xa estaba a falar con el. Toda unha lenda respondendo a unha simple chamada feita desde Galicia. Cos anos acabei visitando a prisión de Peniche, convertida nun memorial a prol dos dereitos humanos. Alí puiden ver onde pasaron cárcere tanto Cunhal como o socialista Mario Soares. Ambos tiveron un papel destacado na historia democrática dun Portugal, que estes días celebra a súa festa nacional: a revolución de abril dos caraveis.

Rosa Aneiros

Te puede interesar