Nin un maltrato máis (II)

Hoxe en día, aínda que por desgraza, segue hber moitas diferenzas por exemplo; no xuízo social dos homes e das mulleres, moitas desigualdades no ámbito laboral entre homes e mulleres, enormes impedimentos no poder político entre homes e mulleres e sobre todo, muros infranqueábeis a día de hoxe, entre homes e mulleres no control económico das nosas sociedades. É dicir, no verdadeiro poder mundial. 


A pesar destas enormes e inxustas desigualdades, as mulleres teñen máis capacidade de autonomía, en relación con toda etapa anterior da nosa existencia. Por por un exemplo: Na actualidade, grazas a ciencia, as mulleres están a decidir ser nais, sen ter a necesidade de xuntarse durante anos a un home.


Isto esta a crecer ano tras ano e esperase que nos próximos decenios en un futuro medio, sexan xa un número importante, con un peso relevante dentro das nosas sociedades, as mulleres que optan por esta opción, as de concibir-parir e criar as súas fillas elas soas.


Sen embargo, a pesar destes avances, a pesar de que aínda que imos demasiado lentos, a igualdade pode conseguirse, o patriarcado xa esta a fazer o seu traballo e desde xa fai anos, estase reeditando coa finalidade, de que no esencial nada cambie e continuemos nun sistema patriarcal, onde a muller, aínda que sexa unha parte esencial na cadea de produción do capitalismo, sega iso si, con seu rol no referente a ser ela ,a que siga sendo “a reina” portas para dentro e sega ela, a encargada de fornecer os coidados e atencións no seno da familia. Porque chegados a este punto un faise unha pregunta: A pesar de que ninguén no seu san xuízo dubida, que os homes e as mulleres somos iguais e debemos compartir as tarefas comúns; Cantos de vosoutros que tedes entre os vosos valores isto, os levantades nas datas sinaladas de reunións familiares, cantos de vosoutros colaborades na preparación da cea, servides a mesa ou a recolledes, e son elas, as que se quedan falando e socializando coas amizades ou familia?. Cantos dades exemplo nisto, nom so nesas datas sinaladas, se non como é lóxico tódolos días?


Xa para rematar, no que vai de ano 2023 no estado español houbo 53 feminicidios (dez deles so no mes de setembro). Desde principios deste século ata día de hoxe, os feminicidios ascenden a case 1.300, segundo datos do ministerio de igualdade dados fai uns días.


Todo o que escribín anteriormente, o do amor romántico, o cal, e a base do machismo e un dos principais items, no asasinato de mulleres en mans das súas parellas, o dos diferentes paradigmas, a falsa igualdade social, o novo patriarcado coas súas novas ferramentas como son os micro-machismos, ou as nosas actitudes contrarias aos nosos valores, todo isto e moito mais do que poderiamos escribir, son a base, son a semente, para que as mulleres segan a ser asasinadas e sobre todo, a  grave distorsión entre os nosos valores e os nosos actos, son o impedimento máis importante, para que a sociedade avance e consiga de verdade, a igualdade entre sexos.


Se tódolos anos, fosen asasinados máis de 50 xuíces o máis de 50 futbolistas, creedes que o poder non tomaría medidas em serio? Ana Pontón (Lideresa do BNG)

Nin un maltrato máis (II)

Te puede interesar