O xurado dos Curuxa deixa deserto o primeiro premio

O xurado dos Curuxa deixa deserto o primeiro premio
Diario de Ferrol-2015-10-11-011-52932eb9_1

O certame gráfico Curuxa do Humor de Fene quedou sen gañador. O xurado decidiu deixar deserto o primerio premio porque considerou que “ningún dos traballos presentados a concurso acadaba o nivel de calidade de debuxo e humor esixido a unha convocatoria con esta traxectoria, prestixio e dotación económica”. Si seleccionaron para o segundo lugar o traballo que presentou o debuxante murciano Manuel Arriaga de León, do que valoraron “a condena da guerra en clave de humor, cun razoamento incuestionable: o absurdo da guerra e o feito de seren sempre contrarias aos intereses populares”. Trátase dunha ilustración que segue o estilo do “cartoon” norteamericano.
O segundo premio consiste nunha gratificación económica de 1.500 euros e un diploma. Entregarase o venres 6 de novembro, ás oito da tarde, nas instalacións do Museo do Humor, o mesmo día no que se inaugurará neste espazo cultural fenés o ciclo “Novembro, mes do humor”.
O xurado do Premio Curuxa estivo formado polos humoristas gráficos Siro López, David Pintor e Andrés Meixide, así como polo xestor de actividades culturais de Fene, Daniel Romero; a edila de Cultura, Amalia García; e o alcalde, Juventino Trigo.
Estes galardóns entregáronse anualmente desde 1984 ata o ano 2007 e en 2014 recuperáronse para conmemorar o 30 aniversario do Museo do Humor. n

O xurado dos Curuxa deixa deserto o primeiro premio

Te puede interesar