A Xunta explica a campaña “Comercio con Talento” no Ucha

A Xunta explica a campaña “Comercio con Talento” no Ucha
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-4dc6999f_1

Na comarca de Ferrolterra, dous centros, o CIFP Rodolfo Ucha e o IES Punta Candieira de Cedeira,  poderán participar na campaña “Comercio con Talento”. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria co obxectivo de “impulsar tanto a innovación como o emprendemento no eido comercial entre os mozos galegos, con especial atención ao alumnado que recibe formación profesional específica sobre este sector”, como son o grao medio de Actividades comerciais e o superior de Xestión de vendas e espazos comerciais.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, achegouse onte ao CIFP Rofolfo Ucha, ubicado en Caranza, para explicar os detalles dun programa no que os participantes terán de prazo ata o 15 de maio para entregar o seu proxecto co negocio da súa zona que consideren máis innovador. O xurado encargarase de seleccionar aos 14 establecementos con máis talento  e preseleccionará outros 20 para que o décimo quinto galardoado saia escollido a través do facebook do portal do Comerciante. En toda a comunidade serán 800 os alumnos que poderán participar na iniciativa da Xunta. n

A Xunta explica a campaña “Comercio con Talento” no Ucha

Te puede interesar