Xosé Hermida cruza o charco para recibir en Ferrol o premio José Couso

Xosé Hermida cruza o charco para recibir en Ferrol o premio José Couso

Tras uns escasos tres meses traballando como correspontende de “El País” en Brasil e responsable da edición dixital en portugués do xornal nese país, o xornalista Xosé Hermida (Boiro, 1963) chegou onte a Ferrol para recibir o XIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa da cidade, pola súa traxectoria ao longo destes 34 anos.

“Non podo concebir un premio que poida facer a un sentirse máis honrado que un concedido polos compañeiros; ten algo especial e irrepetible”. Así se referiu o homenaxeado ao galardón, na recepción que tivo lugar no Concello, onde tamén firmou no Libro de Honra como é habitual nestes casos.

No seu discurso, Hermida tamén defendeu a importancia da información de proximidade, alegando que “o xornalismo non ten lugar nin dimensión, non é mellor un xornalista que cobre a Trump que un que cobre o pleno de Neda ou San Sadurniño; todo xornalista é importante”, declarou.

O profesional da información tamén tivo palabras para o protagonista que da nome á distinción, “un premio que non leva o nome dunha estrela do periodismo, senón dun currante que intentou conseguir que estivesemos informados e pagou coa súa vida sen actos de heroismo”, indicou Hermida, ao tempo que lamentou que “a xente que está a cubrir a información bélica agora mesmo é ‘freelance’, polo que nin sequera teñen a cobertura dos grandes medios”.

A presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz Sixto, tamén quixo lembrar que “catorce anos despois seguimos esperando a resolución do caso Couso”.

Pola súa banda, o decano do Colexio de Xornalistas, Francisco González Sarria, destacou que Xosé Hermida “é o primeiro xornalista galego premiado que desenvolveu a súa carreira en Galicia” e mostrouse convencido de que nesta ocasión o que se premiu foi “a profesionalidade pero tamén a calidade humana”.

Por último, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, quixo felicitar ao homenaxeado “por desenvolver dende abaixo, día a día, o seu labor” e reivindicou a pluralidade de medios como forma de conseguir a “necesaria liberdade de prensa”.

Acto no Jofre
Trala ofrenda floral no Cantón de Molíns a José Couso e a lectura do manifesto “Militar no xornalismo” por parte da colexiada Valeria Pereiras e no que se fixo un chamamento “contra a ctual retroceso nas liberdades, incluídas a de prensa e expresión, que supoñen unha grave agresión contra a razón de ser deste oficio”, o teatro Jofre acolleu o acto de entrega do galardón.


Nicolás Vidal foi o xornalista local encargado de dar lectura a un texto no que salientou os “anos laborais en precario” que está a vivir o oficio, deixando a 400 profesionais parados en Galicia e 8.000 en España. Con todo, Vidal destacou que “non hai profesión máis gratificante e fermosa que o xornalismo, unha das máis humanistas nun tempo no que as máquinas van deixarnos a todos sen traballo, unha das máis éticas cando logra peneirar dos feitos a propaganda ou o exclusivo interese mercantil”. A xornada rematou co Concerto da Liberdade, a cargo da Banda Municipal.

Xosé Hermida cruza o charco para recibir en Ferrol o premio José Couso

Te puede interesar